My Woman
My Woman | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Angel Olsen | ||||
Publicado | 2 de setembro de 2016 | |||
Estudio(s) | Vox, Os Ánxeles | |||
Duración | 47:17 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Jagjaguwar | |||
Produtor | Justin Raisen, Angel Olsen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
My Woman, (estilizado como MY WOMAN), é o terceiro álbum de estudio da cantautora estadounidense Angel Olsen, publicado o 2 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar. O disco, producido por Olsen e Justin Raisen, estivo acompañado dos vídeos musicais das cancións "Intern", "Shut Up Kiss Me", e "Sister", todos eles dirixidos ou codirixidos por Olsen.
Gravación
[editar | editar a fonte]My Woman gravouse nos Vox Studios dos Ánxeles co produtor Justin Raisen.[1] O álbum estruturouse como caras dun disco de vinilo: "Nunha cara, é como se estiveses tendo un día alegre e quixeses probar algo máis axitado. Pero entón, se sintes que as cousas se ralentizan e queres algo máis reflexivo escoitas a cara B".[2] Con respecto aos temas do álbum, Olsen dixo que My Woman aborda "a complicada desorde de ser muller".[3]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Angel Olsen.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Intern" | 2:46 |
2. | "Never Be Mine" | 3:41 |
3. | "Shut Up, Kiss Me" | 3:22 |
4. | "Give It Up" | 2:56 |
5. | "Not Gonna Kill You" | 4:57 |
6. | "Heart-Shaped Face" | 5:32 |
7. | "Sister" | 7:45 |
8. | "Those Were the Days" | 4:19 |
9. | "Woman" | 7:37 |
10. | "Pops" | 4:41 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Angel Olsen announces third album MY WOMAN". FACT Magazine (en inglés). 2016-06-06. Consultado o 2020-10-16.
- ↑ "My Woman, not your woman: Angel Olsen on refusing to be pinned down". FACT Magazine (en inglés). 2016-09-03. Consultado o 2020-10-16.
- ↑ "Angel Olsen Confirms New Album, ‘My Woman,’ Due This Fall". Spin. 2016-06-06. Consultado o 2020-10-16.