Coipú
Coipú Rango fósil: Plioceno tardío-Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Myocastor coypus (Molina, 1782) |
O coipú[2][3] (Myocastor coypus) é unha especie de roedor semiacuático grande e único membro da familia Myocastoridae (miocastóridos). Orixinalmente era nativo da Suramérica tropical e temperada, pero foi introducida en Norteamérica, Europa, Asia, e África, principalmente para a obtención das súas peles.[4] Aínda que segue sendo valorado pola súa pelaxe nalgunhas rexións, o seu comportamento alimenticio destrutivo e o feito de que escava tobeiras fai que esta especie invasora sexa unha auténtica praga en moitas áreas e que se fagan esforzos por controlar as súas poboacións en varios países. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[5] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).
O M. coypus vive en tobeiras que escava ao longo das zonas húmidas. Aliméntase dos talos das plantas das ribeiras dos ríos.[6]
Etimoloxía e nomes
[editar | editar a fonte]O seu nome científico de xénero deriva do grego mys e kástor (a través do latín castor), que significa 'rato-castor'.[7] O nome específico coypus procede da voz koypu da lingua do pobo mapuche chileno (mapudungun).[8][9]
En galego úsase para este animal o nome coipú.[2][3] Coipú e coipo son os nomes máis usados para el na súa zona de procedencia de Chile.[9][10][11] Menos frecuente é o nome quiyá, de orixe tupí-guaraní usado en Paraguai e países veciños. Na América hispánica, especialmente na zona andina, chámanlle a este roedor nutria (que significa 'londra'), malia que o animal non ten nada que ver coas verdadeiras londras, que son mustélidos e non roedores. Tamén se emprega o nome rata-nutria. O nome nutria pasou ao inglés debido ao comercio de peles, idioma onde tamén se chama coypu ou river-rat ('rata de río').[1][12][13][14] No Brasil o animal coñécese como ratão-do-banhado, nútria ou pola voz da lingua tupí caxingui. En francés chámase ragondin, en holandés beverrat ('rata-castor'), en alemán Wasserratte ('rata de auga'), termo tamén usado para outros roedores, en italiano nutria e castorino ('pequeno castor'), en sueco sumpbäver ('castor de pantano') etc.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O M. coypus foi descrito por Juan Ignacio Molina en 1782 co nome Mus coypus, clasificado como membro do xénero do rato.[15] O xénero Myocastor foille asignado en 1792 por Robert Kerr,[16] mentres que Geoffroy, independentemente de Kerr, nomeou esta especie Myopotamus coypus,[17] e ocasionalmente aínda hoxe é ás veces chamado por este nome.
Xeralmente recoñécense catro subespecies:[15]
- M. c. bonariensis: norte da Arxentina, Bolivia, Paraguai, Uruguai, sur do Brasil
- M. c. coypus: centro de Chile, Bolivia
- M. c. melanops: illa de Chiloé
- M. c. santacruzae: Patagonia
M. c. bonariensis, a subespecie presente na parte máis ao norte (subtropical) da súa área de distribución, crese que foi o tipo de M. coypus que normalmente foi introducido noutros continentes.[14]
Aspecto
[editar | editar a fonte]Este roedor lembra en parte unha rata moi grande ou a un castor cun rabo curto. Os adultos pesan normalmente de 4 a 9 kg (o máis habitual é entre 4,5 e 7 kg) e teñen unha lonxitude de 40 a 60 cm, cun rabo de 30 a 45 cm; non obstante, chegan a pesar ata 17 kg.[18][19][20] Teñen un pelame externo marrón escuro áspero con pelos máis internos suaves grises. Tres características distintivas son unha mancha branca no fociño, pés posteriores palmados e incisivos grandes de cor amarela-laranxa brillantes.[21] As mamilas da femia están situadas bastante arriba nos seus flancos, o que permite que as crías se alimenten mentres a nai está na auga.
Ás veces o M. coypus pode confundirse con Ondatra zibethicus (rata de almiscre), que é outro roedor semiacuático moi estendido que nalgunhas zonas ocupa os mesmos hábitats de zonas húmidas. Porén, a rata do almiscre é de menor tamaño e máis tolerante aos climas fríos e ten unha cola aplanada lateralmente que usa para nadar, mentres que a do M. coypus é redonda. Pode confundirse tamén cun pequeno castor, xa que ambas as especies teñen anatomías parecidas, pero as colas dos castores son aplanadas como pas.
Historia vital
[editar | editar a fonte]Pode vivir ata seis anos en caividade, pero normalmente é raro que vivan máis de tres anos. Segundo un estudo, o 80% dos individuos morre no seu primeiro ano de vida, e menos do 15% dunha poboación salvaxe ten máis de tres anos de idade.[22] Os machos chegan á madurez sexual xa aos catro meses, e as femias aos tres meses de idade; porén, ambos poden ter unha prolongada adolescencia, ata a idade de 9 meses.[23] Unha vez que as femias están preñadas, a xestación dura 130 días, e paren desde unha soa cría a trece. As crías nacen con todo o pelo e cos ollos abertos; poden comer vexetación xunto cos seus pais ás poucas horas de nacer. As femias poden empreñar de novo o día seguinte de dar a luz.[23] Potencialmente, unha femia pode enxendrar tres veces ao ano. As crías son aleitadas durante de seis a oito semanas e despois abandonan as súas nais e fan vida independente.[23]
Ademais de reproducírense moi rapidamente, cada exemplar consome grandes cantidades de vexetación, que supoñen aproximadamente o 25% do seu peso corporal ao día, e aliméntase durante todo o ano.[23][24] Como é un dos roedores máis grandes que existen pode causar moitos danos na vexetación.[25][26] Comen a base dos talos das plantas e a miúdo escavan na capa orgánica do solo para comer as raíces e rizomas enterrados.[27] Orixinan nos ecosistemas zonas arrasadas onde desapareceu a maioría da biomasa da vexetación aérea ou enterrada, orixinando un ambiente salpicado de zonas destruídas, o cal altera o hábitat doutros animais e o dos humanos que dependen das marismas e pantanos.[28]
O M. coypus vive normalmente en marismas e pantanos de auga doce, pero tamén pode habitar en marismas salobres e máis raramente en marismas salgadas.[29][30]
Aspectos comerciais e medioambientais
[editar | editar a fonte]A extinción local na súa área de distribución nativa debido a un exceso de capturas levou a que se criase en granxas peleteiras a finais do século XIX e inicios do XX. As primeiras granxas exitosas establecéronse na Arxentina na década de 1920[31] e despois en Europa, Norteamérica e Asia. Estas granxas xeralmente non foron investimentos exitosos a longo prazo, e as granxas de coipús a miúdo deixaron libres ou escapáronselles os animais a medida que as súas operacións deixaron de dar beneficios. O primeiro intento de crear granxas de coipús fíxose en Francia a inicios da década de 1880, pero non foi un éxito.[31] As granxas suramericanas posteriores foron, ao contrario, moi rendibles e iso fixo que se creasen granxas similares en Norteamérica e Europa. Como os animais das granxas a miúdo escapaban ou eran liberados á mantenta para que servisen como animais de caza ou para eliminar a vexetación acuática, acabaron por establecerse poboacións silvestres.[32]
Introducíronse nos ecosistemas de Louisiana na década de 1930, ao escaparen de granxas peleteiras que as importaran de Suramérica. A primeira importación fíxose en 1937, cando E. A. McIlhenny trouxo 13 exemplares á illa Avery.[33] Na década de 1940, algúns dos coipús escaparon durante un furacán e poboaron rapidamente as marismas costeiras, pantanos do interior e outras áreas húmidas.[34] Desde Louisiana, o coipú estendeuse polo sur de Estadios Unidos, causando estragos nas marismas.
A medida que a demanda das peles de coipú foi declinando, o coipú pasou a converterse nunha praga en moitas áreas, destruíndo a vexetación acuática, marismas e sistemas de rego, e mordendo e estragando produtos como pneumáticos e paneis de madeira das casas en Louisiana, causando erosión nas ribeiras dos ríos e desprazando a animais nativos. Os danos en Louisiana eran dabondo graves desde a década de 1950 como para merecer a promulgación de leis para o seu control.[35]:3 A inicios da década de 2000, estableceuse o Coastwide Nutria Control Program, que empezou a pagar recompensas por coipú cazado en 2002.[35]:19–20 Na rexión da baía de Chesapeake en Maryland, onde foran introducidos na década de 1940, estimábase que o coipú destruíra de 2.800 a 3.200 ha de marismas no Blackwater National Wildlife Refuge. Como resposta a esta situación, en 2003, púxose en marcha un programa multimillonario de erradicación.[36]
Na Península Ibérica, non se estableceran poboacións libres na década de 1960, posteriormente a súa introdución procedeu de escapes e soltas desde granxas peleteiras de Francia e Cataluña desde principios dos anos 1970. Actualmente existen poboacións localizadas na vertente atlántica (Val de Arán en Cataluña; Soba en Cantabria; ribeira do Bidasoa en Guipúscoa; Baztan, Valcarlos e exemplares dispersos na cunca do Ebro, en Navarra). Tamén existen algúns núcleos de moi baixa densidade na vertente mediterránea catalá (Sant Feliù de Buixalleu e Arbúcies, no Montseny na provincia de Xirona). [37] Non se estableceu en Galicia. A expansión desta especie invasora limítase a zonas onde non baixa moito a temperatura en inverno. Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, foi incluída no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
No Reino Unido o coipú introducírase en 1929 en Anglia Oriental, para crialo polas súas peles, pero moitos escaparon e danaron os sistemas de drenaxe e posteriormente un programa concertado polo MAFF o erradicou en 1989.[38] Porén en 2012, matouse en County Durham un animal que se sospeita que era un coipú.[39]
A carne de coipú é magra e baixa en colesterol, pero os intentos de introdcir a súa carne nos mercados foron infrutuosos. Unha compañía recibiu subvencións[40] para establecer unha fábrica en Louisiana para utilizar a carne de coipú para fabricar alimento para cans. En 2012, a Louisiana Wildlife Federation recoñeceu a esa compañía co premio ao "Negocio conservacionista do ano" por encontrar un uso para esa proteína ecosustentable.[41]
Nas antigas repúblicas soviéticas de Asia Central comercialízase a carne de coipú en mercados locais.[42] En 2016, a carne está usándose con éxito nun restaurante de Mosú, como parte do movemento ruso locálvoro e como unha moda hipster.[42][43]
Ademais dos danos directos ao medio ambiente, o coipú hospeda o nematodo parasito Strongyloides myopotami, que pode infectar a pel humana, causan do unha dermatite similar á da estronxiloidíase.[44][45]
Distribución
[editar | editar a fonte]A distribución do coipú tende a contraerse ou expandirse cando se dan sucesivos invernos fríos ou suaves. Durante os invernos fríos, o coipú a miúdo sofre a conxelación das súas colas, que lle orixina infeccións e a morte. Como resultado as poboacións de coipús contráense e mesmo chegan a extinguirse localmente ou rexionalmente como nos países escandinavos e, nos Estados Unidos, nos estados de Idaho, Montana e Nebrasca durante a década de 1980.[46] Durante as épocas con invernos suaves, tende a expandirse cara ao norte. Por exemplo, en anos recentes, expandiuse polos estados de Washington e Oregón[47] e Delaware.[48]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 {{{assessors}}} (2008). "Myocastor coypus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2009.
- ↑ 2,0 2,1 "coipú" en Dicionario Digalego. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 5. Páxina 477. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ LeBlanc, Dwight J. 1994. Prevention and Control of Wildlife Damage – Nutria Arquivado 03 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. Animal and Plant Health Inspection Service.
- ↑ Lowe, S., M. Browne, S. Boudjelas, M. De Poorter (2004). "100 de las especies exóticas invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database" (PDF). Aliens (12): 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2010.
- ↑ G. Grace, James B.; Marx, B.D.; Taylor K.L. "The effects of herbivory on neighbor interactions along a coastal marsh gradient.". American Journal of Botany 84 (5): 709–715.
- ↑ Nutria.com, ed. (2007). "Nutria Biology". Consultado o 5 de setembro de 2007.
- ↑ "Coypu". Collins English Dictionary (Complete & Unabridged 10th ed.). United States: Dictionary.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014.
- ↑ 9,0 9,1 Muñoz Urrutia, Rafael, ed. (2006). Diccionario Mapuche: Mapudungun/Español, Español/Mapudungun (en castelán) (2.ª ed.). Santiago, Chile: Editorial Centro Gráfico Ltda. p. 155. ISBN 956-8287-99-X.
- ↑ The American Heritage Dictionary of the English Language (2006). "Coypu" (en inglés) (4.ª ed.). Houghton Mifflin. Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Merriam-Webster Online Dictionary. "Coypu" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2010.
- ↑ Horace T. Martin. Castorologia: or The history and traditions of the Canadian beaver. p. 35.
- ↑ "Myocastor coypus". Consultado o 23 de setembro de 2011.
- ↑ 14,0 14,1 Carter, Jacoby. United States Geological Survey, ed. "Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Nutria (Myocastor coypus) – South America]". Consultado o 4 de setembro de 2007..
- ↑ 15,0 15,1 C. A. Woods, L. Contreras, G. Willner-Chapman, H. P. Whidden. 1992. Mammalian Species: Myocastor coypus. American Society of Mammalogists, 398: 1-8.
- ↑ ITIS Report. "ITIS Standard Report: Myocastor". Consultado o 5 de setembro de 2007.
- ↑ ITIS Report. "ITIS Standard Report: Myopotamus". Consultado o 19 de decembro de 2007.
- ↑ Capel-Edwards, M. (1967). "Foot-and-mouth disease in Myocastor coypus". Journal of comparative pathology (77(2)): 217–221.
- ↑ Doncaster, C. P., Micol, T (1990). "Response by coypus to catastrophic events of cold and flooding". Ecography (13(2)): 98–104.
- ↑ Hillemann, H. H., Gaynor, A. I., Stanley, H. P (1958). "The genital systems of nutria (Myocastor coypus)". The Anatomical Record (130(3)): 515–531.
- ↑ Encyclopedia of Life (ed.). "Coypu - Myocastor coypus - Resumo".
- ↑ Nolfo-Clements, Lauren E. (setembro de 2009). "Nutria Survivorship, Movement Patterns, and Home Ranges". Southeastern Naturalist (United States: Eagle Hill Publications) 8 (3): 399–410. ISSN 1938-5412. doi:10.1656/058.008.0303.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 "Biology". Nutria. Louisiana Department of Wildlife and Fisheries. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014.
- ↑ McFalls, Tiffany B.; et al. (setembro de 2010). "Hurricanes, floods, levees, and nutria: vegetation responses to interacting disturbance and fertility regimes with implications for coastal wetland restoration". Journal of Coastal Research (United States: Coastal Education & Research Foundation) 26 (5): 901–11. ISSN 1551-5036. doi:10.2112/JCOASTRES-D-09-00037.1.
- ↑ Hygnstrom, Scott E.; Timm, Robert M.; Larson, Gary E., eds. (1994). "Nutria". Internet Center for Wildlife Damage Management. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014.
- ↑ "Detail (Coypu)". Barcelona Zoo. España: Barcelona City Council. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2014.
- ↑ Carter, Jacoby; et al. (marzo de 1999). "Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss". Wetlands (Springer) 19 (1): 209–19. ISSN 1943-6246. doi:10.1007/BF03161750.
- ↑ Ford, Mark, and J. B. Grace. 1998. "Effects of Vertebrate Herbivores on Soil Processes, Plant Biomass, Litter Accumulation and Soil Elevation Changes in a Coastal Marsh." Journal of Ecology 86(6): 974-982.
- ↑ Jordan, Jillian, and E. Mouton. 2011. "Coastwide Nutria Control Program 2010-2011." <http://www.nutria.com/uploads/1011CNCPfinalreport.pdf>
- ↑ Lyon, W.J., and J.B. Milliet. 2000. "Microbial Flora Associated with Louisiana Processed Frozen and Fresh Nutria (Myocastor coypus) Carcasses." Journal of Food Science 65(6): 1041-1045.
- ↑ 31,0 31,1 National Wetlands Research Center (xuño de 2000). United States Geological Survey, ed. "Nutria, Eating Louisiana's Coast".
- ↑ Carter, Jacoby, Billy P. Leonard. ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread Of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)."". JSTOR. data= 2002.
- ↑ Nutria, Eating Louisiana's Coast (PDF) (Informe). U.S. Geological Survey/National Wetlands Research Center. xuño de 2000. USGS FS-020-00. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ Bernard, Shane K (2002). ""M'sieu Ned's Rat? Reconsidering the Origin of Nutria in Louisiana: The E. A. McIlhenny Collection, Avery Island, Louisiana."". JSTOR.
- ↑ 35,0 35,1 Scarborough, Janet; Mouton, Edmond (30 de xuño de 2007). Nutria Harvest Distribution 2006-2007 and a Survey of Nutria Herbivory Damage in Coastal Louisiana in 2007 (PDF) (Informe). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ "A Plague of Aliens" Arquivado 11 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Feb/Mar 2003 edition of National Wildlife magazine, published by the National Wildlife Federation, article by Laura Tangley; acceso online o 8 de decembro de 2006.
- ↑ [1] Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Atlas y libro rojo de los mamíferos de España.
- ↑ Gosling, Morris (4 de marzo de 1989). "Extinction to Order". New Scientist (Londres) 121 (1564): 44–49.
- ↑ "Police To Investigate Man Who Killed 4ft Rat". Sky. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ 42,0 42,1 https://www.theguardian.com/world/2016/nov/18/hot-rat-is-so-hot-right-now-moscow-falls-for-the-rodent-burger
- ↑ "Rats! Rodent burger now the latest food craze in Moscow". 24 de novembro de 2016.
- ↑ eMedicine (ed.). "Strongyloidiasis".
- ↑ Bonilla; et al. (xuño de 2008). "Nutria Itch". Archives of Dermatology (en inglés) 136 (6). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Carter, Jacoby, Billy P. Leonard (2002). ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)"". Wildlife Society Bulletin (Spring) 30 (1): 162–175.
- ↑ Sheffels, Trevor Robert; Sytsma, Mark (decembro de 2007). Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest (Informe). Center for Lakes and Reservoirs Publications and Presentations, Portland State University. Consultado o 2016-09-24.
- ↑ Montgomery, Jeff (2012). "Invasive nutria found in Kent County". The News Journal (19 Jan 2012). delawareonline. Consultado o 19 Jan 2012.
Foi unha sorpresa, francamente," dixo o mércores Steve Kendrot, un xestor ds servizos de vida salvaxe do Departamento de Agricultura de EUA. "Non esparabamos atopalo tan ao norte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coipú |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coipú |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sandro Bertolino, Aurelio Perrone, e Laura Gola (xuño de 2005). ""Effectiveness of coypu control in small Italian wetland areas"". Wildlife Society Bulletin 33 (2): 714–72.
- Carter, Jacoby e Billy P. Leonard (2002). ""A Review of the Literature on the Worldwide Distribution, Spread of, and Efforts to Eradicate the Coypu (Myocastor coypus)"". Wildlife Society Bulletin (Spring) 30 (1): 162–175.
- Carter, J., A.L. Foote, e L.A. Johnson-Randall (1999). "Modeling the effects of nutria (Myocastor coypus) on wetland loss". Wetlands (19(1)): 209–219.
- Lauren E. Nolfo-Clements (2006). Tulane University, ed. Seasonal variations in habitat availability, habitat selection, and movement patterns of Myocastor coypus on a subtropical freshwater floating marsh. (conferencia). Nova Orleáns. ISBN 0-542-60916-9.
- Sheffels, Trevor e Mark Systma (decembro de 2007). ""Report on Nutria Management and Research in the Pacific Northwest"" (PDF). Center for Lakes and Reservoir Environmental Sciences and Resources (Portland State University). Archived from the original on 05 de xuño de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia, distribución e espallamento das introducións do coipú en todo o mundo e esforzos por erradicalo con ligazóns a outros sitios sobre o coipú.
- The Effect of Nutria on Marsh Loss in the Lower Eastern Shore of Maryland informe do USGS
- Portland State University Informe do coipú no noroeste do Pacífico de Norteamérica.
- Species Profile- Nutria (Myocastor coypus) Arquivado 25 de xullo de 2013 en Wayback Machine., National Invasive Species Information Center, United States National Agricultural Library. Lista de informacións xerais e recursos sobre o coipú.