Myrta Silva
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1927 Arecibo, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de decembro de 1987 (60 anos) Arecibo, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Santa María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora, compositora de cancións |
Xénero artístico | Música de Porto Rico (pt) |
Instrumento | Voz |
Myrta Silva, nada o 11 de setembro de 1917 e finada o 2 de decembro de 1987, foi unha cantante portorriqueña, compositora e produtora de televisión. Era coñecida cariñosamente como "La Gorda De Oro".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira presentación fíxoa cando aínda ao dez anos de idade nun teatro local de Arecibo. Durante a década de 1930, sendo aínda unha rapariga, viaxa xunto coa familia a Nova York e principia alí a traballar en producións musicais nos teatros hispanos locais e nas emisoras de radio. Así entón un importante contrato coa RCA Victor.
En 1939, contáctase co destacado compositor portorriqueño Rafael Hernández, quen foi cativado pola súa voz, e é invitada integrarse ao seu conxunto, Grupo Victoria. Con este grupo, Myrta viaxa por Porto Rico e outros países de América Latina. Contra comezos de 1940, deixou o Grupo Victoria e comezou a traballar coas orquestras de Moncho Usera e Armando Castro, converténdose na artista de gravación coas meirande vendas entre os anos 1947 e 1949.
Nesa mesma década comeza a destacar como compositora, tendo éxito temas como: "Que sabes Tu" ou "Cuando Vuelvas". Moitas das súas inspiracións foron interpretando por outros artistas, como Olga Guillot ou Daniel Santos. Pero é sen lugar a dúbidas, a canción "Chencha la Gamba", a que leva a Silva ao recoñecemento internacional. A súa carreira como cantante progresa e a súa popularidade esténdese máis alá do seu país natal e da comunidade radicada en Nova York. Así, faise célebre en países como Cuba, México, Panamá, República Dominicana, Venezuela ou o Perú.