Néfele
Na mitoloxía grega, Néfele era a deusa das nubes que aparecía prominentemente na historia de Frixo e Hele. Casou con Atamante, pero este divorciouse dela por Ino.
Frixo, fillo de Atamente e Néfele, xunto a súa xemelga Hele, eran odiados pola súa madrasta, Ino, quen urdíu unha malvada trama para librarse deles, torrando todas as sementes das cidades para que non medrasen. Os granxeiros, temerosos da fame, pediron axuda a un oráculo próximo. Ino subornou aos homes enviados ao oráculo para que mentisen e lles dixesen aos demais que este esixía o sacrificio de Frixo. Porén, antes de que este fose sacrificado, el e Hele foron rescatados por un carneiro dourado voador enviado por Néfele, a súa nai natural. Hele caeu do carneiro no Helesponto (bautizado así na súa honra, xa que significa "Mar de Hele") e afogou, pero Frixo resistiu todo o camiño ata a Cólquida, onde o rei Eetes o acolleu e o tratou amablemente, dándolle á súa filla, Calcíope, en matrimonio. Como agradecemento, Frixo deu ao rei o vélaro de ouro do carneiro, que Eetes colgou dunha árbore.