Nólsoyar Páll
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1766 ![]() Nólsoy, Illas Feroe (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1809 ![]() Sumba, Illas Feroe (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, labrego ![]() |
Familia | |
Irmáns | Jacob Nolsøe ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Faroe_stamp_500_Djurhuus_poems_-_The_Return_of_Nolsoyar_Pall.jpg/220px-Faroe_stamp_500_Djurhuus_poems_-_The_Return_of_Nolsoyar_Pall.jpg)
Nólsoyar Páll, nado como Poul Poulsen Nolsøe o 11 de outubro de 1766 en Nólsoy e finado en 1808 ou 1809, preto de Sumba, foi un mariño, granxeiro, comerciante, escritor e construtor de barcos feroés que intentou desenvolver o comercio directo entre Feroe e o resto de Europa. Esta considerado un heroe nacional no seu país.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Poul Poulsen foi o cuarto de sete irmáns, recibiron o nome adicional 'Nolsøe' pola illa onde naceron.[2] Despois da morte do seu pai en 1786 embarcou como mariñeiro en navíos das armadas británica e francesa e mesmo a partir de 1791 capitaneou un barco mercante norteamericano.[3] En 1798 pasou a comandar un barco mercante danés autorizado a realizar a ruta comercial coas Feroe, casou cunha muller da súa illa natal, Sigga Maria Tummasdóttir, e residiu en Copenhague un par de anos ata volver ás Feroe en 1800. A súa muller morreu, e en 1801 volveu casar, con Maren Malene Ziska, a filla dun rico rendeiro de terra da coroa preto de Klaksvík en Borðoy, Poul dedicouse á agricultura e ampliou as terras do seu sogro con máis terras reais próximas.[4][5] Por mor do seu éxito a Real Sociedade Danesa para o Progreso da Agricultura outorgoulle unha medalla de prata.[3]
Ao denegarlle un préstamo para comprar un barco que demostrase as posibilidades da utilización de buques grandes para a pesca, el, o seu cuñado Per Larsen, Jacob Jacobsen e os irmáns de Poul mercaron nunha poxa polos restos dunha nave que naufragara e reconstruírona no porto de Vágur. A súa botadura foi o 6 de agosto de 1804 bautizada co nome de Royndin Fríða (Belida Tentativa), esta goleta foi a primeira nave de dimensións importantes construída nas Illas Feroe,[4] e o primeiro barco de propiedade feroesa desde o inicio da Idade Media.[6]
En 1805 realizou unha viaxe levando carbón desde Suðuroy polo Atlántico ata Bergen e Copenhague, tentando abrir unha vía comercial directa, pero non puido traer ningún tipo de bens para as illas pola vixencia do monopolio que rexía nas illas a favor do Real Monopolio do Comercio[7] pero si vacionou os seus homes contra a variola e levou para as illas a vacina.[8].[9]
En 1806 realizou unha nova viaxe e volveu con mercadorías pero as autoridades non lle permitiron aportar en Torshavn, acusándoo de contrabando, comezou así un longo litixio, ao acusar Nólsoyar Páll aos maxistrados locais de contrabando a grande escala. Finalmente condenárono ao pago dunha multa por ofensas menores.
Ao estoupar a guerra entre Gran Bretaña e Dinamarca no contexto das guerras napoleónicas os británicos estableceron un bloqueo sobre Dinamarca que impedía a importación de grans de cebada ás Feroe, indispensable para evitar a famenas illas. Nólsoyar Páll logrou a autorización do príncipe herdeiro, que exercía a rexencia, para transportar gran ás illas fóra do réxime de monopolio e así lograr un pase dos británicos para evitar o bloqueo, e así en outubro de 1807 Nólsoyar descargaba o gran en Thorshavn.
En 1808 levantou áncoras rumbo a Copenhaguen para traer máis gran, logo dun ataque británico, ás illas pero antes de chegar unha nave británica apresou o seu barco, que quedou gravemente danado. As autoridades británicas recoñecendo a pésima situación das illas entregáronlle unha nova embarcación, o North Star que cargado de cereal partiu rumbo ás illas, pero nuncha chegou, a última vez que o viron foi o 17 de novembro de 1808, e non se sabe se o afundiron corsarios ou se naufragou nunha tormenta.
Poesía
[editar | editar a fonte]Nólsoyar Páll foi un poeta recoñecido polas súas baladas satíricas, frecuentemente en colaboración co seu irmán máis novo, Jákup.[10] A primeira obra que sen discusión se atribúe a Páll é "Krákuteiti," sobre un home de leis que rexeita recoñecer o fillo que tivera coa servente, el está caracterizado como unha garza e ela como unha parrula, o xuíz que el intentara subornar como un cuco, e o neno como un pilro gordo.[11]"Jákup á Møn" é sobre un pretendente apesarado, e parodia o recollemento e a severidade entón prevalentes nas illas.[12] "Fruntatáttur" satiriza a moda das mulleres levaren perrera.[13] "Gorplandskvæði" celebra a covardía do comandante da gornición de Tórshavn ao render sen un disparo a cidade aos británicos.[14]
A súa obra máis coñecida é Fuglakvæði ("Balada dos paxaros"), un poema de 229 estanzas na que as aves de rapina simbolizan as autoridades danesas, e o poeta mesmo advirte os paxaros máis pequenos e pacíficos do país na forma dunha gabita, que máis tarde había ser elixido como o paxaro nacional das Feroe.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simonsen, K, 2011. Memory Politics In the Case of National Stereotypes in the Canonization of a Faroese National Hero. Memory and/in Practice. Arranged by the Danish Network for Cultural Memory, University of Copenhagen, 3-4. June.
- ↑ John Frederick West, Faroe: The Emergence of a Nation, London: Hurst, 1972, ISBN 978-0-8397-2063-8, p. 49.
- ↑ 3,0 3,1 West, p. 50.
- ↑ 4,0 4,1 Jak. Jakobsen, "Nolsøe, Poul Poulsen", Dansk biografisk leksikon, online en Projekt Runeberg, pp. 308 p. 308.
- ↑ Ernst Krenn, Die Entwicklung der Foeroyischen Literatur, Illinois Studies in Languages and Literature vol. 26, no. 1, Urbana: University of Illinois, 1940, OCLC 4393398, p. 75
- ↑ West, p. 55.
- ↑ Jonathan Wylie, The Faroe Islands: Interpretations of History, Lexington, Kentucky: University Press of Kentucky, 1987, ISBN 978-0-8131-1578-8, p. 216, note 11.
- ↑ 8,0 8,1 Jakobsen, p. 309.
- ↑ West, p. 56
- ↑ Krenn, p. 73..
- ↑ Krenn, pp. 75.
- ↑ Krenn, pp. 75–76.
- ↑ Krenn, p. 77.
- ↑ West, pp. 61–62.