Número gramatical
Categoría lingüística que diferencia a cantidade de persoas que forman parte dunha entidade semántica: en galego, temos singular e plural, pero estes non son os únicos números. En linguas coma o árabe, hai outro número dual, que diferencia ás entidades que en galego serían plurais pero que están formadas por só dúas cousas. Do mesmo xeito, hai linguas que posúen un número chamado trial, e mesmo outras que teñen quatrial. O caso que pode parecer estraño é o nular.
Un número distinto destes é o paucal, que especifica entidades plurais que están formadas por varias partes pero que non chegan a sumar unha cantidade excesiva: así un enxame pediría un plural mentres que o número de fiestras dunha casa esixiría usar o paucal.
A tipoloxía lingüística demostrou que a existencia de determinadas variantes clasificadoras do número segue un universal lingüístico con forma de xerarquía:
- tódalas linguas teñen un número;
- se existe plural, debe haber un singular;
- se unha lingua ten dual, deberá ter plural;
- que teña trial obriga a que teña dual;
- se aparece un paucal é necesario que existan os outros dous;
Así establécese unha orde: singular → plural → dual → trial → paucal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Singular e plural en galego.
- A formación do plural no galego (Curso de lingua galega nos Galilibros)