Saltar ao contido

Número tetraédrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha pirámide cunha lonxitude de lado 5 contén 35 esferas. As capas son os primeiros números triangulares.

Un número tetraédrico, ou número piramidal triangular, é un número figurado que representa un tetraedro, unha pirámide triangular que ten triángulos equiláteros nas catro caras . O n ésimo número tetraédrico, Ten, é a suma dos n primeiros números triangulares, é dicir,

Os números tetraédricos son:

1, 4, 10, 20, 35, 56, 84, 120, 165, 220,... (secuencia A000292 na OEIS)
Os números Tetraédricos aparecendo no triángulo de Pascal

A fórmula para o n ésimo número tetraédrico está representada polo 3º factorial ascendente de n dividido polo factorial de 3:

Os números tetraédricos tamén se poden representar como coeficientes binomiais :

Ao representarse desta maneira, é fácil ver que os números tetraédricos pódense atopar na cuarta posición dende a esquerda (ou a dereita, por simetría) no triángulo de Pascal .

Probas da fórmula

[editar | editar a fonte]

Sabemos que o n-ésimo número triangular vén dado por:

Empregando indución :

Caso para
Supoñendo que sexa certo para , facemos o paso indutivo para

Esta proba pode facerse de forma alternativa co algoritmo de Gosper .

Relación recursiva

[editar | editar a fonte]

Como comentamos anteriormente, os números tetraédricos derivan directamente dos triangulares, polo que nace esta relación entre estes:

A ecuación convértese en

Substituíndo por na ecuación

Por ende, o o número tetraédrico cumpre que:

Xeneralización

[editar | editar a fonte]

O patrón atopado para os números triangulares e para números tetraédricos pódese xeneralizar. Isto leva á fórmula: [1]

Interpretación xeométrica

[editar | editar a fonte]

A interpretación xeométrica vén de representar tetraedros mediante o uso de esferas ou calquera outro obxecto. Por exemplo, podemos comezar a partires do triangulo das bólas de billar coas que se comeza o xogo, son 15 bolas, o quinto número triangular, se imos apilando* máis bólas ata completar o tetraedro, en total empregaremos 35 bólas o quinto número tetraédrico.


Propiedades

[editar | editar a fonte]
  • Ten + Ten−1 = 12 + 22 + 32 ... + n2, o número n-ésimo número piramidal cadrado .
    Te2n+1 = 12 + 32 ... + (2n+1)2, suma dos cadrados dos impares.
    Te2n = 22 + 42 ... + (2n)2, suma dos cadrados dos pares.
  • A. J. Meyl provou en 1878 que solo 3 números tetraédricos son tamén cadrados perfectos:
    Te1 = 12 =1
    Te2 =22 =4
    Te48 = 1402 = 19600.
  • Sir Frederick Pollock hizo una conjetura de que todo número enteiro positivo, pódese escribir como suma de 5 números tetraédricos.
  • O único número tetraédrico que tamén é número triangular cadrado é 1 (Beukers, 1988), é o único que tamén é un cubo perfecto é 1.
  • A suma infinita dos recíprocos dos números tetraédricos é 3/2, pódese calcular empregando series telescópicas:
  • A paridade dos números tetraédricos segue a secuencia, impar-par-par-par.
  • Una observación:
    Te5 = Te4 + Te3 + Te2 + Te1
  • Os números que son á vez tetraédricos e triangulares, cumplen a ecuación:
O terceiro número tetraédrico é igual ao cuarto número triangular xa que o n -ésimo número k -simple é igual ao k -ésimo número n -símplex debido á simetría do triángulo de Pascal, e as súas diagonais son números simples; do mesmo xeito, o quinto número tetraédrico (35) é igual ao cuarto número de pentácoron, e así por diante
Os únicos números que son tanto tetraédricos como triangulares son  :
Te1 = T1 = 1
Te3 = T4 = 10
Te8 = T15 = 120
Te20 = T55 = 1540
Te34 = T119 = 7140
  • Ten é a suma dos produtos p × q cando (p, q) son pares ordenados e p + q = n + 1
  • O número tetraédrico máis grande da forma para enteiros a e b é 8436.
  1. Baumann, Michael Heinrich (2018-12-12). "Die k-dimensionale Champagnerpyramide" (PDF). Mathematische Semesterberichte (en alemán) 66: 89–100. ISSN 1432-1815. doi:10.1007/s00591-018-00236-x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]