NEO Scavenger
NEO Scavenger | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Blue Bottle Games |
Distribuidora(s) | Blue Bottle Games |
Deseñador(es) | Daniel Fedor |
Programador(es) | Daniel Fedor |
Escritor(es) | Daniel Fedor |
Artista(s) | Daniel Fedor |
Compositor(es) | Josh Culler |
Motor | Flixel |
Lanzamento | 15 de decembro de 2014 |
Xénero | Rol |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, macOS, Linux |
Na rede | |
http://bluebottlegames.com/main/node/2 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
NEO Scavenger é un videoxogo de rol e primeiro proxecto da desenvolvedora independente Blue Bottle Games, estudio liderado por Daniel Fedor, un antigo empregado de BioWare. O xogador controla un personaxe que esperta nun laboratorio crioxénico atopándose cun mundo post-apocalíptico en ruínas. O obxectivo inmediato do xogo e manter ó personaxe vivo procurando comida, roupa e refuxio nas diversas ruínas do mapa e tratando posibles enfermidades, ademais de defenderse de diversos posibles atacantes. O desenvolvedor publicou inicialmente unha demo para navegador, e ofreceu diversas opcións para acceder á beta e á versión completa do xogo.
Argumento
[editar | editar a fonte]Nun mundo post-apocalíptico,[1] o protagonista Philip Kindred esperta nunha cámara dun laboratorio crioxénico, sen nada máis que unha bata médica e sen acordarse do que lle sucedeu, procurando escapar e sobrevivir nese mundo.[1][2][3]
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]O xogador controla ó personaxe protagonista seguindo unha serie de quendas, nun mapa isométrico de cadros hexagonais.[1] En cada quenda, que dura unha hora en tempo de xogo, o personaxe ten unha determinada cantidade de movementos ou accións. Con cada un destes aumenta a fame, sede e cansazo do personaxe.[1] O obxectivo do xogo e procurar a supervivencia do protagonista, o que require que o xogador procure subministracións polas diversas ruínas do mapa.[1] Ó procurar comida e outros obxectos pode alertar a diversos inimigos próximos, pero é necesario para sobrevivir e conseguir roupa, armas, comida e ferramentas.[1] O xogador pode construír diversos obxectos máis avanzados por medio de receitas predefinidas que precisan combinar unha determinada serie de oxectos.[4] O protagonista pode sufrir varias doenzas, incluíndo hipotermia, diarrea, deshidratación e malnutrición, para as que debe procurar tratamento usando varios obxectos do xogo, evitando que lle produzan a morte.[1]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]
Tras sete anos traballando para BioWare, Daniel Fedor fundou o estudio independente Blue Bottles Games e comezou a traballar no seu primeiro proxecto, NEO Scavenger.[1] O xogo está inspirado por outros xogos da súa infancia, en particular os xogos de rol de taboleiro, incluíndo Advanced Dungeons & Dragons, Rifts e Shadowrun.[1]
O xogo emprega elementos dos roguelike, xogos de aventuras e rol, e o desenvolvedor tratou de reducir a depencencia nas armas de fogo títpicas do xénero post-apocalíptico.[1] As primeiras versións do xogo empregaban un sistema de combate moi sinxelo que consistía en facer clic de forma repetida en diversas opcións básicas ata que o protagonista ou o seu rival quedaban sen puntos de vida.[5] Este sistema foi substituído por outro máis complexo que permite accións coma agarrar as pernas do contrincante e tiralo ó chan, por exemplo.[5] O gañador do comante non se determina por puntos de vida, senón pola perda de sangue, o shock circulatorio e outras causas máis realistas.[5]
Xunto coa demo gratuíta,[4] o desenvolvedor vendeu encargas de pre-venda que incluían acceso á beta, procurando financiamento para a versión completa.[1] O xogo creouse empregando unha serie de ferramentas e bibliiotecas de programación gratuítas, coma Flixel, FlashDevelop, TortoiseSVN, MySQL ou Audacity.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escena inicial no laboratorio
-
Pantalla do inventario do protagonista
-
Escena do xogo
-
Combate
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Sykes, Tom (2013). "NEO Scavenger". PC Gamer (UK) (248): 28.
- ↑ Blue Bottle Games. "NEO Scavenger" (v0.954b). Escena: Items Screen.
hospital wrist strap labeled "Philip Kindred"
- ↑ Hollingworth, David (16 de marzo de 2012). "NEO Scavenger - browser games get old-school". PC & Tech Authority. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Smith, Adam (13 de marzo de 2012). "Scavenging Angels: NEO Scavenger". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Tarason, Dominic (28 de xullo de 2012). "School Of Hard Knocks – ‘Neo Scavenger’ Takes Survival Seriously". Indie Game Mag. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Blue Bottle Games. "NEO Scavenger" (v0.954b). Escena: Credits.
Free Tools that made N.E.O. Scavenger possible: Flixel, FlashDevelop, TortoiseSVN, MySQL, Audacity, ChevyRay's AssetBatcher
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: NEO Scavenger |