NOW + 4EVA
NOW + 4EVA | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Architecture in Helsinki | ||||
Publicado | 28 de marzo de 2014 | |||
Duración | 36:36 | |||
Xénero(s) | indie pop | |||
Selo(s) | Casual Workout | |||
Producido por | Architecture in Helsinki, François Tétaz[1] | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
NOW + 4EVA é o quinto álbum da banda australiana de indie pop Architecture in Helsinki, publicado en Australia o 28 de marzo de 2014 a través do propio selo do grupo, Casual Workout. O grupo iniciou unha xira pola costa leste de Australia para promocionar o disco. As reservas en liña do álbum coa tenda JB Hi-Fi incluían un fanzine asinado detallando as inspiracións da banda.
Editáronse dous sinxelos antes do álbum en 2013, "In the Future" e "Dream a Little Crazy". O terceiro sinxelo foi "I Might Survive", que foi lanzado o 21 de febreiro de 2014.[2] Realizouse un vídeo musical para "Dream a Little Crazy", que apareceu o 28 de xaneiro e amosa o que Noisey describiu como unha "panadería biolóxica".[3]
O líder Cameron Bird afirmou en marzo de 2014 que o álbum levaba rematado "case un ano".[4] NOW + 4EVA tamén inclúe unha versión do tema "When You Walk in the Room",[4] orixinalmente composto por Jackie DeShannon, pero máis famoso pola versión da banda británica The Searchers.
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
Tódolos temas escritos e compostos por Architecture in Helsinki, agás "When You Walk in the Room", composta por Jackie DeShannon.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "In the Future" | 3:00 |
2. | "When You Walk in the Room" | 2:55 |
3. | "I Might Survive" | 4:06 |
4. | "Dream a Little Crazy" | 3:04 |
5. | "Boom (4EVA)" | 3:21 |
6. | "U Tell Me" | 3:09 |
7. | "Echo" | 3:07 |
8. | "Born to Convince You" | 3:50 |
9. | "2 Time" | 3:44 |
10. | "April" | 3:29 |
11. | "Before Tomorrow" | 2:51 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Music (ed.). "Architecture In Helsinki Reveal New Album Release Details And Tour Dates". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2014. Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ Stereogum (ed.). "Architecture In Helsinki – “I Might Survive”". Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ Noisey (ed.). "Lucy McRae And Architecture In Helsinki Create A Biological Bakery in “Dream A Little Crazy”". Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Moshtix (ed.). "Architecture In Helsinki Talk ‘NOW + 4EVA’ And Edible Band Members". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2016.