Saltar ao contido

Nebisocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Naebisoci»)

Os nebisocos (en latín: Naebisoci) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense que habitaban na rexión arredor da localidade portuguesa de São Romão de Neiva, ao sur do río Limia. Segundo outros autores, o nome dos nebisocos sería a orixe da toponimia da rexión onde nace o río Támega, no lugar de Naveaus, no concello ourensán de Laza.[1] O seu nome podería ter relación co da deusa galaica dos ríos Navia.[1]

Padrón dos pobos

[editar | editar a fonte]
Padrón dos pobos.

O nome deste pobo aparece no padrón dos pobos, unha columna conmemorativa da construción da ponte romana de Chaves (Portugal), colocada sobre da mesma obra, que salva o río Támega. A epígrafe dedicatoria contén unha lista de dez dos pobos indíxenas galaicos bracarenses (citados como civitates no orixinal) da Gallaecia que colaboraran no erguemento da citada ponte.

Os nomes aparecen ordenados alfabeticamente, pois no século XIX descubriuse que o "n" inicial de (N)AEBISOC fora borrado.[1][2]

Epígrafe

[editar | editar a fonte]

IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI

Tradución

Sendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vixésimo, pai da patria, cónsul por novena vez, sendo emperador tamén Tito Vespasiano César, fillo do Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por oitava vez, Emperador Décimo cuarto, cónsul por sétima (...) sendo legado de Augusto o Propretor Caio Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo e sendo Legado do Augusto, Decio Cornelio Meciano e procurador do mesmo Augusto, Lucio Arruncio Maximo, a Lexión Sétima Xémina Félix e dez cidades, a saber: os Aquiflavienses, os Avobriguenses, os Bibalos, os Coelernos, os Equaesos, os Interamnicos, os Límicos, os Nebisocos, os Quarquernos e os Tamaganos (...).

A respecto das liñas que faltan hai acordo entre os especialistas en considerar que foran eliminadas referencias ao Emperador Domiciano en virtude de damnatio memoriae.

  1. 1,0 1,1 1,2 Alberro (1999), p. 66: "Naebicosi".
  2. González García, Francisco Javier (2007). Los pueblos de la Galicia céltica. Akal. p. 542. Consultado o 19 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]