Namsanui bujangdeul
Namsanui bujangdeul | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 남산의 부장들 |
Director | Woo Min-ho |
Intérpretes | Lee Byung-hun Lee Sung-min Kwak Do-won |
Distribuidora | Showbox |
Estrea | 22 de xaneiro de 2020 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama político |
Recadación | 32 893 764[1] |
Na rede | |
Namsanui bujangdeul (en coreano: 남산의 부장들) é un filme surcoreano de 2020 dirixido por Woo Min-ho. Baséase na novela orixinal do mesmo título, e está protagonizado por Lee Byung-hun, Lee Sung-min, Kwak Do-won e Lee Hee-joon, que interpretan a altos oficiais do goberno surcoreano e da súa axencia de intelixencia (KCIA) durante a presidencia de Park Chung-hee, e relata os feitos 40 días antes do seu asasinato en 1979.[2]
Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 22 de xaneiro de 2020, onde estivo no máis alto das listas de recadación até o 4 de febreiro dese ano.[3][4][5][6] Estreouse nos Estados Unidos o 24 de xaneiro de 2020.[7] Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Lee Sung-min como presidente Park
- Lee Byung-hun como Kim Gyu-pyeong
- Kwak Do-won como Park Yong-gak
- Lee Hee-joon como xefe do equipo de seguridade
- Eric Bernard como o francés
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Man Standing Next (2020)". Korean Film Biz Zone. Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ "The Man Standing Next". The Film Catalogue (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ Kil, Sonia (28 de xaneiro de 2020). "Korea Box Office: 'Man Standing Next' Dominates Holiday Weekend With $25 Million Haul". Variety (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ Yoon, Min-sik (12 de decembro de 2019). "‘The Man Standing Next’ a film about final weeks leading to dictator’s death". The Korea Herald (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2020.
- ↑ Kil, Sonia (5 de decembro de 2019). "Lee Byung-hun’s ‘Man Standing Next’ Secures 2020 Asia Theatrical Releases (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2020.
- ↑ "[마이더스] [영화] 남산의 부장들 외" [[Miders] [Movie] Managers of Namsan and others]. 연합뉴스. 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ "The Man Standing Next". AMCTheaters.com. Consultado o 8 de febreiro de 2020.
- ↑ Noh, Jean (21 de outubro de 2020). "South Korea submits 'The Man Standing Next' for 2021 Oscars". ScreenDaily. Consultado o 21 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Namsanui bujangdeul na IMDb (en inglés).