Saltar ao contido

Naomi Oreskes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNaomi Oreskes

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford - Doutora en filosofía (–1990)
Imperial College London (–1981)
Stuyvesant High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria da ciencia, xeofísica, xeoloxía e historiografía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da ciencia, xeofísica, profesora universitaria, científica da Terra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard (2013–)
Universidade de California en San Diego (1998–2013)
Universidade de Nova York (1996–1998)
Dartmouth College (1990–1996) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisIrwin Oreskes Editar o valor en Wikidata  e Susan Oreskes Editar o valor en Wikidata
IrmánsMichael Oreskes
Daniel Oreskes Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webhistsci.fas.harvard.edu… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3093182 Twitter: NaomiOreskes LinkedIn: oreskes-naomi-60436a90 TED: naomi_oreskes BNE: XX5578283 Musicbrainz: 7196db99-2c07-41b4-aeaf-8e8c56786ca4 Editar o valor en Wikidata

Naomi Oreskes, nada en Nova York o 25 de novembro de 1958, é unha historiadora da ciencia de nacionalidade estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Converteuse en profesora de Historia da Ciencia e profesora asociada de Ciencias da Terra e Planetarias da Universidade Harvard en 2013, tras 15 anos como profesora de Historia e Estudos da Ciencia na Universidade de California en San Diego.[1] Traballou en estudos de xeofísica, asuntos ambientais como o quecemento global, e en historia da ciencia. En 2010, Oreskes publicou en colaboración Merchants of doubt, onde identifica paralelismos entre o debate sobre o cambio climático e outras controversias públicas anteriores.[2]

Beyond the Ivory Tower

[editar | editar a fonte]

Oreskes escribiu un ensaio titulado "Beyond the Ivory Tower: The Scientific Consensus on Climate Change" na edición do 3 de decembro de 2004 da revista Science.[3][4][5] Nel realiza unha análise "dos 928 resumos de traballos publicados en revistas científicas, con revisión por pares, entre 1993 e 2003, atopados na base de datos ISI coa clave 'cambio climático'".[3] O obxectivo da análise foi probar a hipótese de que na redacción dos seus informes, organizacións como o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático, a Asociación Americana para o Avance da Ciencia, editora de Science, e a Academia Nacional de Ciencias desprezaron ou infravaloraron. opinións científicas disidentes lexítimas sobre o cambio climático antropoxénico. O resultado foi que o 75% dos traballos de investigación apoiaban explícita ou implicitamente o consenso científico, de que o quecemento é real e se debe sobre todo á acción humana, e que ninguén discrepa del. O ensaio atraeu a atención do público en todo o mundo, e foi moi citado, por exemplo por Al Gore na película An Inconvenient Truth .

Merchants of doubt

[editar | editar a fonte]

Merchants of doubt é un libro publicado en 2010 por Naomi Oreskes e o historiador da NASA Erik M. Conway.[6] Oreskes e Conway, ambos historiadores da ciencia, sinalaron paralelismos notables entre o debate sobre o cambio climático e as controversias máis antigas, como os efectos nocivos para a saúde do tabaco, a choiva ácida ou o buraco de ozono. Argumentan que a estratexia elixida polos que se opoñen a tomar medidas é sempre espallar dúbidas e confusión sobre o que di a ciencia respecto diso.[2] Observaron que Fred Seitz, Fred Singer e algúns outros científicos acreditados uniron en todos os casos forzas con laboratorios de ideas económicos e conservadores, e grandes empresas privadas, na tarefa de desacreditar o consenso científico sobre estas e outras cuestións de interese público.[7]

  1. "People: Naomi Oreskes". Harvard University. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Some sceptics make it a habit to be wrong". The Australian. 20 de novembro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Oreskes, Naomi (3 de decembro de 2004). "Beyond the Ivory Tower: The Scientific Consensus on Climate Change" 306 (5702): 1686. PMID 15576594. doi:10.1126/science.1103618. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  4. Oreskes, Naomi (21 de xaneiro de 2005). "Beyond the Ivory Tower, The Scientific Consensus on Climate Change (including corrections)" (PDF) 306: 1686. PMID 15576594. doi:10.1126/science.1103618. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  5. "Exchange of letters to Science" (PDF) 308. 13 de maio de 2005: 952–954. doi:10.1126/science.308.5724.952. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  6. Oreskes, Naomi; Conway, Erik M. (2010). Merchants of doubt : how a handful of scientists obscured the truth on issues from tobacco smoke to global warming. Nova York: Bloomsbury Press. ISBN 978-1596916104. 
  7. Mercaderes de Duda, Bloomsbury Prensa, p. 6.