Natalia Alonso Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1983 (41 anos) Vilaronte, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poetisa |
Natalia Alonso Ramos, nada en Vilaronte (Foz) o 10 de xullo de 1983, é unha xornalista e poeta galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade coa tese A Construción do personaxe esférico no relato televisivo de ficción seriada. O caso House M.D.[2]
Foi redactora na delegación de Antena 3 Televisión en Galicia e en Madrid. Tamén traballou no Xornal de Galicia e en Vieiros.
Traballou como investigadora na Universidade de Santiago[3] e no gabinete de comunicación desta universidade.[4] Foi profesora Estrutura do Sistema Cultural de Galicia no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural da Facultade de Humanidades de Lugo.
Ten colaborado en Signa: Revista de la Asociación Española de Semiótica, [5] Murguía: Revista Galega de Historia e en varios libros colectivos.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- A síndrome de Hayworth (2019). A Coruña: Medulia. ISBN 9788412057966.
- Advertencias para un traxecto boreal (2023). Santiago: Apiario ISBN 978-84-124530-3-4.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2019: Premio O Facho por A síndrome de Hayworth.[7]
- 2022: Finalista do certame de narracións breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo.
- 2022: Premio de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo por Advertencias para un traxecto boreal.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yáñez, Pablo (2024-01-23). "Natalia Alonso: "Unha vez que entras no xénero da poesía xa non hai camiño de saída"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ Alonso Ramos, Natalia (2013). "A Construción do personaxe esférico no relato televisivo de ficción seriada: o caso House M.D" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Natalia Alonso Ramos Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ "Gabinete de Comunicación Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ "Detalles de autor/a Signa: Revista de la Asociación Española de Semiótica". revistas.uned.es. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ "Xa se coñecen os premiados do VIII Certame Literario Concello de Ames". Concello de Ames. 2019-05-13. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ "Natalia Alonso Ramos, de Foz, gana el premio de poesía O Facho". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-09. Consultado o 2024-01-23.
- ↑ Asturias, Aquí Diario: Noticias de A. Mariña Lucense y Occidente de (2024-01-21). "Natalia Alonso Ramos presentará en Foz su poemario 'Advertencias para un traxecto boreal'". Aquí Diario: Noticias de A Mariña Lucense y Occidente de Asturias (en castelán). Consultado o 2024-01-23.