Saltar ao contido

Natalia Aszkenazy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNatalia Aszkenazy
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1915 Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte1988 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCuernavaca Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Victor Duruy (en) Traducir
Lycee Francais Charles de Gaulle (en) Traducir
Lycée Français de Varsovie (en) Traducir
Universidade de Xenebra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolonia, escritor e diplomacia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomática, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJan Drohojowski (1943–1961) Editar o valor en Wikidata

Natalia Aszkenazy, máis tarde coñecida como Natalia Drohojowska, nada en Moscova o 5 de xuño de 1915 e finada en Nova York en 1988, foi unha diplomática e conferenciante polaca durante a segunda guerra mundial.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natalia Aszkenazy naceu en Moscova, filla dun banqueiro baseado en Varsovia.[2][3] Foi educada en Inglaterra, Francia, Italia e Suíza, antes de asistir á Universidade de Xenebra, onde estudou economía e política.[4]

Tras un breve período na Cidade de Nova York traballando para a Cruz Vermella, Aszkenazy traballou en prensa e relacións públicas na embaixada polaca en Washington D. C. de 1939 a 1941.[5][6] Foi agregada da embaixada polaca en Moscova de 1941 a 1943.[7] Foi descrita en 1941 como "a única muller no corpo diplomático en Moscova". Durante a segunda guerra mundial deu conferencias nos Estados Unidos sobre as súas experiencias como muller diplomática e sobre as esperanzas na posguerra do pobo polaco.[8] A súa aprencia elegante comentábase tanto como o contido dos seus discursos.[9][10] Tamén deu unha conferencia nunha celebración do aniversario da constitución polaca en 1944, en Os Ánxeles.[11]

Como esposa dun diplomático, mantivo correspondencia coa poeta chilena Gabriela Mistral. Foi tamén benefactora da pequena cidade de San Sebastián Chimalpa en México, donando libros e un pozo en 1950.

Natalia Aszkenazy casou cun conde polaco, o tamén diplomático Jan Drohojowski (1901–1979), en 1943. O seu marido traballaba para o goberno de Polonia no exilio en Londres; foi máis tarde enviado a México, Nicaragua e Exipto, antes de converterse nun escritor.[12] O seu fillo Adam (Pancho) Drohojowski naceu en México en 1947.[13]

  1. Francisco Drohojowski (2021-02-28). "Stulecie Liceum Francuskiego w Warszawie, Tom 1: 1919-1939". pp. 72–73. Archived from the original on 28 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-03-01. 
  2. "Polish Speaker to Lecture Here Tomorrow" Valparaiso Torch (16 de xaneiro de 1941): 1.
  3. "Polish Woman Diplomat to Speak at Junior College" San Bernardino County Sun (1 de maio de 1944): 3. vía Newspapers.comopen access publication – free to read
  4. Alice Myers, "Polish Woman Attaché for Unity with Russia" Christian Science Monitor (3 de febreiro de 1944): 4.
  5. Hope Ridings Miller, "Natalia Aszkenazy May Go to Moscow: Member of Polish Embassy Staff Slated To Become Full-Fledged Woman Attache" Washington Post (4 de outubro de 1941): 14.
  6. "Diplomatic Set Bids Farewell to Miss Natalia Aszkenazy" Washington Post (28 de novembro de 1941): 22.
  7. "Poles Want Soviet Pact" New York Times (18 de decembro de 1943): 6.
  8. "Playful Polish Girl Diplomat Likes Harvard, Co-Ed System" The Harvard Crimson (21 de xaneiro de 1944).
  9. Robert Playfair, "Polish Beauty Visitor Hailed as Best-Dressed" Daily Boston Globe (16 de xaneiro de 1944): C1.
  10. "Deweys Honor Envoy Leaving For Russia" Washington Post (1 de novembro de 1941): 14.
  11. "Poles Observe Anniversary of Constitution" Los Angeles Times (8 de maio de 1944): A14.
  12. "Woman Diplomat Tells of Underground" Daily Capital Journal (25 de abril de 1944): 10. vía Newspapers.comopen access publication – free to read
  13. Christian E. Burckel, ed., Who's Who in the United Nations (Burckel & Associations 1951): 129.