Nathaniel Lyon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1818 Ashford, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 10 de agosto de 1861 (43 anos) Springfield, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morto en combate |
Lugar de sepultura | Phoenixville Cemetery (en) |
Educación | Academia Militar dos Estados Unidos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Partido político | Partido Republicano |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército da União (pt) e Exército dos Estados Unidos de América |
Rango militar | Xeneral xeneral de brigada |
Conflito | Guerra civil estadounidense Guerras Seminoles (pt) Intervención norteamericana en México Bleeding Kansas (pt) |
Familia | |
Nai | Keziah Lyon |
Descrito pola fonte | The American Portrait Gallery (en) , (vol:1) Encyclopædia Britannica |
Nathaniel Lyon, nado o 14 de xullo de 1818 e finado o 10 de agosto de 1861, foi o primeiro xeneral da Unión en morrer no decurso da Guerra Civil americana; é célebre polas súas accións no estado de Missouri no inicio do conflito. Trátase dunha figura controvertida na historia americana. Algúns apoian a súa rápida acción e liña dura para frear o secesionismo en Missouri, outros bótanlle en cara as súas accións contra a poboación civil como o Incidente de Camp Jackson, que polarizou os sentimentos dos cidadáns de Missouri sobre a cuestión da secesión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e carreira
[editar | editar a fonte]Lyon naceu nunha granxa en Ashford, Connecticut, fillo de Amasa e Kezia Knowlton Lyon [1], mais xa dende mozo odiaba a vida da granxa. Os seus parentes loitaran na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e el tiña a determinación de seguir as súas pegadas. En 1837 entrou na Academia Militar de West Point, graduouse o décimo primeiro da súa promción en 1841.
Asignado ao 2º Rexemento de infantaría, serviu con el nas Guerras Semínolas e na Guerra mexicano-americana. A pesar de estar en contra da participación estadounidense na guerra de México [2], promocionou a primeiro tenente polo seu "notable valor na captura de artillería ao inimigo" na batalla de Cidade de México e actuou como capitán nas batallas de Contreras e Churubusco. Logo enviárono á fronteira, onde participou no masacre dos indios pomo en Clear Lake (California) en 1850 "Bloody Island Massacre[3] Despois de ser reasignado para Fort Riley, Kansas, Lyon deveu un acérrimo abolicionista[4] e republicano (con lazos con prominentes republicanos radicais), mentres servía nos conflitos fronteirizos entre Kansas e Missouri coñecido como "Bleeding Kansas." En xaneiro de 1861 escribiu sobre a crise secesionaista, "Xa non é útil apelar á razón, senón á espada."[1]
Arsenal de Saint Louis
[editar | editar a fonte]En marzo de 1861, Lyon chegou a Saint Louis á fronte da compañía D do 2º de Infantaría dos Estados Unidos. No tempo a poboación e o estado de Missouri era relativamente neutro na disputa entre Norte e Sur, mais o gobernador Claiborne Fox Jackson era un destacado simpatizante sureño, como tamén o eran moitos dos lexisladores estatais. Lyon estaba preocupado pola posibilidade que Jackson intentase tomar o arsenal federal de Saint Louis no caso que o estado se secesionase xa que as forzas defensivas da Unión eran insuficientes para evitar a captura. Tentou fortalecer as defensas, mais contou coa oposición dos seus superiores, entre eles o xeneral de brigada William S. Harney a cargo das tropas estadounidense ao oeste do Mississippi. Lyon utilizou a súa amizade con Francis Preston Blair, Jr., para conseguir o nomeamento de comandante do arsenal para si. Cando estalou a Guerra Civil e o presidente Abraham Lincoln pediu tropas para derrotar a Confederación, Missouri recibiu o encargo de fornecer catro rexementos, o gobernador Jackson rexeitou a petición e ordenou á Garda Estatal de Missouri reunirse fóra de Saint Louis coa finalidade de adestrarse na autodefensa.[1]
Lyon estaba grandemente implicado na milicia paramilitar do Partido Republicano, os Wide Awakes, de Saint Louis, aos que armara e que pretendía utilizar para defender o arsenal, xa enviara unha parte do armamento a Illinois en segredo. Lyon estaba ao tanto dunha operación clandestina da Confederación que transferiu a artillaría capturada no arsenal militar de Baton Rouge ao campamento da Garda Estatal de Missouri en Saint Louis. O 10 de maio dirixiu os rexementos de voluntarios de Missouri e ao 2º de Infantaría contra o campamento, forzando a súa rendición. Mentres Lyon marchaba cos seus prisioneiros por Saint Louis cara ao arsenal producíronse revoltas na cidade. A situación provocou o Incidente de Camp Jackson ao disparar as tropas de Lyon contra unha multitude de civís, ferindo cando menos 75 e matando 28 persoas.[1] Morreron tamén dous soldados federais e tres milicianos, e outros resultaron feridos. Descoñécese quen disparou primeiro, algunhas testemuñas afirmaron que fora un manifestante bébedo, e outros afirmaron que se disparou sen provocación. Lyon foi, así e todo, promovido a xeneral de brigada[5] co mando sobre as tropas da Unión en Missouri. Asumiu o mando do Exército do Oeste o 2 de xullo.[5]
Persecución de Jackson
[editar | editar a fonte]En xuño, despois de se reunir persoalmente con Jackson en Saint Louis nunha tentativa va de renovar o acordo de Harney, Lyon declaroulle a guerra a Jackson e a Garda Estatal de Missouri. O gobernador fuxiu primeiro ao capitol de Jefferson City, e despois retirouse co goberno estatal a Boonville. Lyon Subiu o río Missouri e capturou Jefferson City o 13 de xuño. Continuou a persecución e o 17 de xuño derrotou a unha parte da Garda Estatal de Missouri na Batalla de Boonville. O gobernador, o seu goberno e a Garda Estatal retiráronse cara ao suroeste. Lyon Instalou un goberno estatal prounionista no seu lugar e destituíu o fiscal xeral de Missouri, James Proctor Knott, un unionista que non contaba coas simpatías dos máis radicais. Lyon reforzou o seu exército antes de marchar tamén cara ao suroeste.[1]
Batalla de Wilson's Creek
[editar | editar a fonte]O 13 de xullo, Lyon acampou en Springfield, Missouri, cuns 6.000 soldados da Unión. A Garda Estatal de Missouri estaba aproximadamente 120 quilómetros ao suroeste de Lyon e baixo o mando de Price, xuntándose coas tropas de Benjamin McCulloch a finais de xullo, sumando en total estas forzas confederadas uns 12.000 homes, planeando atacar Springfield, comezaron a marcha cara ao nordeste o 31 de xullo. Os exércitos encontráronse no alborecer a uns poucos quilómetros ao sur de Springfield o 10 de agosto na Batalla de Wilson Creek. A Lyon, quen xa fora ferido dúas veces na loita, disparáronlle na cabeza, perna, e peito[5] e morreu mentres dramaticamente reagrupabga os seus homes, superados en número polos confederados. A pesar da derrota do Exército de Unión en Wilson Creek, a acción rápida de Lyon neutralizou a efectividade das forzas prosureñas en Missouri, permitindo ás forzas da Unión aseguraren o estado.[1]
Destino dos restos de Lyon
[editar | editar a fonte]Na confusión da retirada unionista de Wilson Creek, o corpo de Lyon quedou no campo de batalla e foi descuberto polas tropas confederadas. Enterrouse provisoriamente na granxa dun soldado da Unión preto de Springfield ata que se puidera entregar á familia de Lyon. Finalmente os restos soterráronse nun terreo da familiaa en Eastford, Connecticut, onde unha multitude estimada en 15.000 persoas atendeu o funeral. Ergueuse un cenotafio en memoria de Lyon no Cemiterio Nacional de Springfield.[5]
Legado
[editar | editar a fonte]O 24 de decembro de 1861 o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha resolución agradecéndolle os seus servizos eminentes e patrióticos. Levan o seu nome o condado de Lyon, Iowa, o condado de Lyon, Kansas, o condado de Lyon, Minnesota, o condado de Lyon, Nevada, tamén dous fortes levaron o seu nome durante a Guerra Civil americana, Fort Lyon en Colorado e Fort Lyon, Virxinia.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Downhour, James G., "Nathaniel Lyon", Encyclopedia of the American Civil War: A Political, Social, and Military History, Heidler, David S., and Heidler, Jeanne T., eds., W. W. Norton & Company, 2000, ISBN 0-393-04758-X.
- Eicher, John H., and Eicher, David J., Civil War High Commands, Stanford University Press, 2001, ISBN 0-8047-3641-3.
- Warner, Ezra J., Generals in Blue: Lives of the Union Commanders, Louisiana State University Press, 1964, ISBN 0-8071-0822-7.
- Bloody Island Massacre website
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Downhour, pp. 1233-34
- ↑ Warner, pp. 286-87]
- ↑ Bloody Island Massacre
- ↑ Warner, p. 286, afirma pola contra que Lyon "estaba ben lonxe de ser un abolicionista e estaba a favor de manter a escravitude onde existía."
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Eicher, p. 357. El ascendeu a xeneral de brigada da Milicia de Missouri o 12 de maio de 1861 e do Exército dos Estados Unidos o 17 de maio.
]]