Netlog
Netlog (antigamente coñecida como Facebox e Bingbox) é unha web de rede social, creada en Bélxica e dirixida principalmente a mozos e mozas europeas. Tamén é o nome da empresa propietaria.
Características
[editar | editar a fonte]A web comezou a funcionar en 2004, ideada polos empresarios belgas Lorenz Bogaert e Toon Coppens. É unha web baseada en perfís, que incorpora as ferramentas normais das webs de redes sociais: agrupamentos de individuos, compartición de vídeos e sons, mantemento da actualidade persoa con imaxes e textos etc. O rexistro é aberto (calquera pode crear un perfil en Netlog) e pódese acceder á información publicada de cada un dos membros sen necesidade de estar rexistrado. A rede é gratuíta, pero algunhas funcións son de pagamento.
A rede está localizada en dezanove linguas, entre as que non está o galego: alemán, árabe, afrikaans, búlgaro, catalán, checo, chinés, dinamarqués, eslovaco, esloveno, español, francés, finés, húngaro, inglés, italiano, lituano, neerlandés, noruegués, polaco, portugués, romanés, ruso, sueco e turco.
Cifras
[editar | editar a fonte]- 33 millóns de usuarios rexistrados [1] (marzo de 2008)
- 12,6 millóns de visitantes únicos [2] (datos de comScore World Metrix, 2007)
- A maior parte dos seus usuarios son europeos[3].
- É líder do sector en Eslovenia[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ After a girl goes missing, is Netlog doing all it can to protect children on its site? Arquivado 25 de setembro de 2008 en Wayback Machine., TechCrunch, 1/8/08
- ↑ How Netlog Leaps Language Barriers, The Wall Street Journal, 1/11/07
- ↑ Netlog Arquivado 09 de novembro de 2008 en Wayback Machine., AppAppeal
- ↑ (Oct 2008 Update) World map of social networks around the world Arquivado 29 de outubro de 2008 en Wayback Machine., The Oxyweb, outubro de 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Netlog Arquivado 03 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. Portada en portugués.
- Web da empresa Netlog Arquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine.