Saltar ao contido

New South Wales Waratahs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Waratahs
NomeNSW Waratahs
Alcume(s)Tahs
Fundación1996
SedeSydney, Australia Australia
Estadio(s)Sydney Football Stadium
Capacidade45.500 espectadores
AdestradorAustralia Daryl Gibson
CapitánAustralia Dave Dennis
AnotadorAustralia Matt Burke (1172)
EnsaiosFidxi Lote Tuqiri (29)
Liga(s)Super Rugby
20152º e semifinalista
Casa
Fóra
Na rede
http://www.nswrugby.com.au/
Instagram: nswwaratahs Editar o valor en Wikidata

Os New South Wales Waratahs son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do Hemisferio Sur representando ó estado de Nova Gales do Sur, en Australia, e que ten a súa sede na cidade de Sydney.

Os NSW Waratahs comparten o Sydney Football Stadium cos Sydney Roosters da NRL e co Sydney FC. Este estadio foi inaugurado en 1988 e ten unha capacidade de 45.500 persoas. Os Waratahs tamén xogan un encontro ó ano no ANZ Stadium, o estadio principal que acolleu as Olimpiadas de Sydney, e no que collen 83.500 seareiros.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Estes son os xogadores que formarán parte dos Waratahs na tempada 2016:

1ª Liña

Talonadores

2ª Liña

 

3ª Liña

Medios Melé

Aperturas

 

Centros

Ás

Zagueiros

  • En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Algunhas das figuras máis salientables da historia dos Waratahs foron: Lote Tuqiri, Wendell Sailor, Matt Rogers, Morgan Turinui, Nick Farr-Jones, Matt Burke, Rocky Elsom, Peter Hewat ou David Campese.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A traxectoria dos Waratahs no torneo Super Rugby ten sido moi regular, acadando 6 veces o dereito a loitar nos playoffs polo título. En 2005 e 2008 chegou á final do campionato, caendo nas dúas ocasións fronte ós Crusaders. Na tempada 2014, os Waratahs gañaron o campionato ao vencer na final aos Crusaders.

Sydney Football Stadium, fogar dos Waratahs.
Tempada Xogados Gañados Empates Derrotas PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2016
2015 16 11 0 5 52 (caeu nas semifinais fronte ós Highlanders)
2014 16 12 0 4 58 CAMPIÓN (fronte ós Crusaders)
2013 16 8 0 8 45
2012 16 4 0 12 35 11º
2011 16 10 0 6 57 (caeu nos cuartos de final fronte ós Blues)
2010 13 9 0 4 43 (caeu nas semifinais fronte ós Stormers)
2009 13 9 0 4 41
2008 13 9 1 3 43 (caeu na final fronte ós Crusaders)
2007 13 3 1 9 21 13º
2006 13 9 0 4 45 (caeu nas semifinais fronte ós Hurricanes)
2005 11 9 0 2 41 (caeu na final fronte ós Crusaders)
2004 11 5 0 6 27
2003 11 6 0 5 31
2002 11 8 0 3 39 (caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)
2001 11 5 0 6 25
2000 11 5 0 6 25
1999 11 4 1 6 24
1998 11 6 1 4 30
1997 11 4 0 7 20
1996 11 5 0 6 28

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]