Saltar ao contido

Blues (Super Rugby)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blues
NomeAuckland Blues
Fundación1996
SedeAuckland
Estadio(s)Eden Park
Capacidade50.000 espectadores
Adestrador Leon MacDonald
Capitán Patrick Tuipulotu
Liga(s)Super Rugby
SR Aotearoaen xogo
Casa
Na rede
https://blues.rugby/
Instagram: bluesrugbyteam Editar o valor en Wikidata

Os Blues (chamados Auckland Blues ata 1999) son un equipo de rugby da cidade de Auckland, en Nova Zelandia. Foi fundado en 1996 cando se creou o Super 12 como máxima competición profesional de rugby no hemisferio sur. Dende entón o equipo alcanzou catro veces a final do torneo, saíndo campión en tres ocasións (1996, 1997 e 2003).

En 2020 a franquía pertence nun 60% a un consorcio chamado Rugby Holdings que está formado polas tres federacións locais do norte da illa: Northland Rugby Union, North Harbour Rugby Union e Auckland Rugby Union. O restante 40% pertenceu entre 2013 e 2018 a un investidor de capital privado llamado Bolton Equities, pero dende 2018 pertence de novo á federación nacional New Zealand Rugby que recuperou a súa participación por mor da mala xestión económica e deportiva dos últimos anos.[1][2]

Os Blues xogan os seus encontros como locais principalmente no estadio Eden Park, construído en 1900, e que ten unha capacidade para acoller a máis de 50.000 seareiros nas súas bancadas. Este estadio é o maior de Nova Zelandia, e nel tamén xoga como local o Auckland Rugby Union da Mitre 10 Cup, ademais do equipo Auckland Aces de crícket.

O Eden Park acolleu dúas finais da Copa do Mundo de Rugby, en 1987 e 2011.

Outros recintos nos que xoga como local o equipo dos Blues son o Okara Park de Whangarei e o North Harbour Stadium de Albany.

Auckland Albany Whangarei
Eden Park North Harbour Stadium Okara Park
Capacidade: 50,000 Capacidade: 30,000 Capacidade: 18,500

Xogadores

[editar | editar a fonte]

No pasado teñen pasado polas ringleiras do equipo xogadores tan importantes como Carlos Spencer, Joe Rokocoko, Jerome Kaino, Ali Williams, Mils Muliaina, Jonah Lomu, Doug Howlett, Michael Jones, Zinzan Brooke, Ma'a Nonu ou Sean Fitzpatrick entre outras moitas estrelas deste deporte.

Capitáns
Equipo dos Blues no Super Rugby 2020

Primeira liña

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios de melé

Aperturas

Centros

Ás e Zagueiros

En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Adestrador Período Partidos PG PE PP
Graham Henry 1996–1998 39 32 1 6
Jed Rowlands 1999 11 4 1 6
Gordon Hunter 2000 11 6 0 5
Frank Oliver 2001 11 4 0 7
Peter Sloane 2002–2005 46 30 1 15
David Nucifora 2006–2008 40 23 0 17
Pat Lam 2009–2012 64 31 1 32
John Kirwan 2013–2015 50 18 0 32
Tana Umaga 2016–2018 46 19 2 25
Leon MacDonald 2019–2020 23 10 1 12

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A traxectoria dos Auckland Blues no torneo Super Rugby é unha das mais exitosas de entre tódolos equipos que o disputan. No palmarés dos Blues hai 3 campionatos, nos anos 1996, 1997 e 2003, e un subcampionato no ano 1998. Na edición pasada o equipo quedou na 14ª posición xeral.

Carte des franchises
Área á que representan os clubs neozelandeses dende 1999.
Tempada Xog. Gañ. Emp. Per. PUNTOS Temp.Regular PlayOffs
2016
2015 16 3 0 13 20 14º
2014 16 7 0 9 37 10º
2013 16 6 0 10 44 10º
2012 16 4 0 12 32 12º
2011 16 10 1 5 60 SEMIFINALISTA
2010 13 7 0 6 37
2009 13 5 0 8 32
2008 13 8 0 5 40
2007 13 9 0 4 42 SEMIFINALISTA
2006 13 6 0 7 29
2005 11 6 0 5 27
2004 11 6 1 4 32
2003 11 10 0 1 49 CAMPIÓN
2002 11 6 0 5 29
2001 11 4 0 7 21 11º
2000 11 6 0 5 30
1999 11 4 1 6 23
1998 11 9 0 2 43 FINALISTA
1997 11 10 1 0 50 CAMPIÓN
1996 11 8 0 3 41 CAMPIÓN

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns

[editar | editar a fonte]