Saltar ao contido

Jonah Lomu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonah Lomu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jonah Tali Lomu Editar o valor en Wikidata
12 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal
Síndrome nefrótica
parada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónWesley College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso119 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJayson Vemoa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15
Rugby a 7 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Barbarian FC
1994–1994 New Zealand national under-21 rugby union team 3(25)
1994–1999 Counties Manukau Rugby Football Union 28(95)
1994–2002   Selección de rugby de Nova Zelandia 73(215)
1996–1996 New Zealand Barbarians 2(0)
1996–1998 Auckland Blues 22(65)
1998–1999 Junior All Blacks 3(15)
1999–1999 Waikato Chiefs 8(10)
1999–2003 Wellington Hurricanes 29(55)
2000–2002 Barbarian FC 4(25)
2000–2003   Wellington Rugby Football Union 21(65)
2005–2006 Cardiff Blues 10(5)
2006–2006 North Harbour Rugby Union 4(0)
2009–2010 Rugby Club Stade Phocéen 7(0)
Participou en
1998Jogos da Commonwealth de 1998 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
28 de xullo de 2004transplante renal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webjonahlomu.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: JONAHTALILOMU WikiTree: Lomu-1 Find a Grave: 155112096 Editar o valor en Wikidata

Jonah Lomu, nado o 12 de maio do ano 1975 en Auckland e finado o 18 de novembro de 2015,[1] foi un xogador neozelandés de rugby. A finais dos anos 90 foi a máxima estrela deste deporte a nivel mundial, xogando na posición de á, pero tivo que deixar a súa práctica profesional prematuramente por mor dunha grave enfermidade nos riles. No ano 2007 foi incluído no Salón da Fama do Rugby. Hoxe segue a ser o máximo anotador de ensaios da historia dos mundiais de rugby con 15 ensaios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia é de orixe tongana. Na súa infancia adestraba como velocista e xogou ó rugby a 13 ata os 14 anos de idade, e logo foi fichado polo Counties Manukau RFU da NPC. Lomu foi seleccionado para representar o seu país nas categorías sub-17, sub-19 e sub-21, e destacou na selección neozelandesa de rugby a 7. Con 19 anos debutou cos All Blacks fronte a Francia.

Con só dous partidos internacionais ás súas costas, foi incluído na lista da selección do seu país para xogar no Mundial de 1995, no cal anotou sete ensaios en cinco partidos (o récord por aquel entón), catro deles na semifinal fronte a Inglaterra. Na final caeron fronte a unha dura Suráfrica por 15 a 12, pero Lomu foi a sensación daquel torneo, a pesar de ter só 20 anos.

Despois do mundial fichou polos Auckland Blues para xogar na elite do rugby no hemisferio Sur, o torneo Super 12. No ano 1996 venceu cos All Blacks na primeira edición do torneo das 3 Nacións, pero poucos meses despois descubríuselle por primeira vez que tiña un problema de saúde nun ril, e no ano 1997 non participou no 3 Nacións. No 1998 reapareceu para gañar o ouro nos Xogos da Commonwealth en rugby a 7, aínda que no 3 Nacións fixo unha pobre achega.

No 1999 Lomu ficha polos Waikato Chiefs e, como era costume nel, fixo un ano discreto no seu club pero unha achega sobresaínte coa selección. Ese ano había de novo Mundial, no cal anotou oito ensaios, e caeu el e mais os All Blacks en semifinais fronte a Francia por 43 a 31 nun dos mellores partidos de rugby da historia.

No 2000 fichou polos Wellington Hurricanes, equipo no que vai votar ata o 2003. Con este club tamén fixo uns números pobres. En 2001 foi campión do mundo de rugby a 7 co seu país, e no 2002 acadou o seu segundo 3 Nacións cos All Blacks, a pesar de que por aquel entón Jonah Lomu xa non era o mesmo e foi suplente no único partido que xogou.

Ese mesmo ano diagnosticóuselle unha síndrome nefrótica no ril que o obrigou a que fixese diálise tres veces á semana e, polo tanto, a abandonar o rugby. No 2004 recibiu un transplante de ril, e no 2005 firmou con North Harbour para disputar a NPC. Unha lesión no ombreiro fixo que nin debutase con este equipo, e no 2006 Lomu firmou con Cardiff Blues para xogar en Gales na Magners League e na Heineken Cup coa intención de facer unha boa actuación e así gañar unha praza no seguinte Super 14 no 2007 para volver á selección de rugby de Nova Zelandia e disputar con ela o mundial do 2007. Non obstante, cos Cardiff Blues non o fixo ben, chegou a ser suplente, e no 2007 ningún equipo do Super 14 lle ofreceu un contrato, co cal estaba fóra do mundial, xa que en Nova Zelandia é obrigado xogar nun equipo do Super 14 para poder ser convocado coa selección nacional.

No 2009 asinou por un equipo marsellés da 3ª división francesa (Federale 1), co que xogou sete partidos.

Jonah Lomu foi unha sensación no rugby que acababa de profesionalizarse a finais dos 90, un xogador moito máis sobresaínte coa súa selección que cos clubs nos que xogou, cunha potencia física extraordinaria, pero que tivo unha carreira marcada polas lesións. Conseguía poucos títulos importantes (dúas veces o 3 Nacións cos All Blacks), ningún deles a nivel de club, pero as súas actuacións nos mundiais de 1995 e 1999 fan que siga a ser considerado un dos mellores xogadores de rugby da historia.

  1. Hytner, Mike. "Jonah Lomu, All Blacks great, dies aged 40". the Guardian. Consultado o 2015-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]