Nicanor Villar Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1901 Redondela, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (35 anos) Bemil, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Mazaricos | |
1933 – 1933 | |
Alcalde de Mazaricos | |
1930 – 1931 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Nicanor Villar Martínez, nado en Redondela o 14 de xullo de 1901[1] e finado en Bemil (Caldas de Reis) o 18 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xastre Miguel Villar Sánchez e de Celia Martínez Pérez. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Exerceu de mestre en Sacos (1924),[2] Santa Cristina de Cobres (1925),[3] e O Salto (1926).[4] Aprobou as oposicións en 1926 e ao ano seguinte foi nomeado mestre da escola mixta de Chacín (Mazaricos). O 26 de decembro de 1930 foi nomeado alcalde de Mazaricos, permanecendo no posto ata xullo de 1931. En 1931 integrouse na ORGA pola que se presentou ás eleccións municipais do 12 de abril, logrando acta de concelleiro e sendo nomeado síndico. Porén, o 12 de xullo renunciou á acta de concelleiro. Nesta época construíu unha casa-escola en Chacín.
O 9 de febreiro de 1933 un delegado do gobernador civil da Coruña nomeado polo ministro de Gobernación Santiago Casares Quiroga suspendeu a Corporación de Mazaricos por supostas irregularidades e nomeou unha nova corporación presidida por Nicanor Villar.[5] O nomeamento foi revertido o 16 de agosto dese ano. Presentouse a deputado pola ORGA nas eleccións do 19 de novembro de 1933 sen chegar a ser elixido. Concédenlle o traslado para a escola número 2 da Guarda en novembro de 1935. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 e o nomeamento de Casares Quiroga como presidente do Consello de Ministros, Nicanor foi nomeado profesor-bibliotecario da Escuela Nacional de Sordomudos de Madrid.[6]
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Redondela. Foi detido e encerrado no cárcere de Redondela por ser amigo persoal de Casares Quiroga. Foi sacado da cadea o 18 de agosto de 1936 co pretexto de trasladalo a Caldas de Reis e paseado nunha cuneta preto de Pía de Casas, na parroquia de Bemil en Caldas de Reis. Informada a familia de Nicanor, saíron detrás do coche que o levaba, pero cando o alcanzaron xa se producira o crime.
Predecesor: ? |
Alcalde de Mazaricos 1930 - 1931 |
Sucesor: Francisco del Río Rodríguez |
Predecesor: Ramón Agra Maceiras |
Alcalde de Mazaricos 1933 |
Sucesor: Ramón Agra Maceiras |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ángela Amado Montes cara a 1918, e foi pai de Ángela, Celia, Nicanor, Enrique e José Villar Amado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 100.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 30-1-1924, p. 3.
- ↑ El Progreso, 12-5-1925, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-9-1926, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-2-1933, p. .
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]