Nicola Lagioia
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2022) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Bari, Italia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Italian literature (en) ![]() ![]() |
Ocupación | escritor, xornalista de opinión, locutor de radio, novelista ![]() |
Empregador | Rai Radio (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Nicola Lagioia (Bari, 7 de abril de 1973) é un escritor, presentador radiofónico e actor italiano, director do Salón Internacional do Libro de Torino dende 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade Aldo Moro de Bari. Apaixoado da escritura, colabora de seguido con diversas editoriais. Despois de traballar como redactor, leva a cabo a actividade de escritor pantasma, escribindo libros, guións e teses por encargo.
Como escritor, debutou en 2001 coa novela Tre sistemi per sbarazzarsi di Tolstoj (senza risparmiare se stessi).
En 2004 publica Occidente per principianti co que logra o Premio Scanno, o Premio Napoli e logra ser finalista ó Premio Bergamo.
Ten publicado relatos en diversas antoloxías, entre elas Patrie impure (Rizzoli, 2003), La qualità dell'aria (minimum fax, 2004), que editou xunto con Christian Raimo, Semi di fico d'India (Nuovadimensione, 2005), Perifefie (Laterza, 2006), Deandreide, adicada a Fabrizio De André (Biblioteca Universale Rizzoli, 2006), Ho visto cose (Biblioteca Universale Rizzoli, 2008), La storia siamo noi (Neri Pozza, 2008).
Coa novela Riportando tutto a casa, editada por Einaudi en 2009, adxudícase o SuperPremio Vittorini, o Premio Volpini, o Premio Viareggio par a narrativa.
En 2015 gañou o Premio Strega co libro La ferocia, publicado por Einaudi.
Ata 2017 dirixiu nichel, a columna de literatura italiana de minimum fax. Dende 2010 é un dos condutores de Pagina3, unha revisión diaria de páxinas culturais que emite Rai Radio 3.
Nos anos 2013, 2014 e 2015, é un dos seleccionadores do Festival Internacional de Cinema de Venecia, do que tamén fixo parte do xurado do concurso principal na súa 77ª edición.
Dende 2017 é o Director editorial do Salón internacional do libro de Turín.
En 2020 publicou o libro La città dei vivi que venceu en 2021 o Premio Internacional Bottari Lattes Grinzane.
Listaxe da obra
[editar | editar a fonte]![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicola Lagioia ![]() |