Nikolái Zelinski
Nikolái Dmítrievich Zelinski (en ruso: Никола́й Дми́триевич Зели́нский, nado o 25 de xaneiro (calendario xuliano), 6 de febreiro (calendario gregoriano) de 1861 en Tiráspol, Transnistria, Imperio Ruso,[1] e falecido o 31 de xullo de 1953 en Moscova, foi un destacado químico orgánico ruso, membro da Academia de Ciencias da Unión Soviética (desde 1929).
Treaxectoria
[editar | editar a fonte]Zelinski realizou os seus primeiros estudos en Tiráspol e en Odesa, e os superiores na Universidade de Novorossiisk. Despois ampliou estudos en Alemaña, nas Universidades de Leipzig e de Gotinga, con Viktor Meyer. Conseguiu a súa especialización en 1888, e o doutoramento en 1891 na Universidade de Novorossisk. Foi profesor da Universidade Estatal de Moscova a partir de 1893 até o final da súa carreira, excepto no período 1911-1917.
Obra
[editar | editar a fonte]Zelinski foi un dos fundadores da teoría da catálise en química orgánica. Especializouse na química dos hidrocarburos cíclicos. Inventou a primeira máscara antigás efectiva cun filtro de carbón activo en 1915.[2]
É coñecido pola reacción de haloxenación de Hell-Volhard-Zelinski, un proceso de substitución no que os átomos de hidróxeno unidos ao carbono α dun ácido carboxílico son substituídos por átomos de halóxeno.[3]
Honores
[editar | editar a fonte]Premios e condecoracións
[editar | editar a fonte]- Membro da Academia de Ciencias da Unión Soviética (desde 1929)
- Heroe do Traballo Socialista (1945)
- Orde de Lenin
- Premio Lenin (1934)
- Premio Stalin (1942, 1946, 1948)
Eponimia
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Zelinskiy leva este nome na súa memoria.
- O Instituto de Química orgánica da Academia de Ciencias de Rusia tamén leva seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Até 1918 en Rusia utilizouse o calendario xuliano, mentres que na maior parte de Europa xa se utilizaba o calendario gregoriano, polo que o día 25 de xaneiro ruso corresponde ao 6 de febreiro da maioría dos países.
- ↑ Kozhevnikov, A.B. Stalin's great science: the times and adventures of Soviet physicists.
- ↑ Zelinsky, N. «Ueber eine bequeme Darstellungsweise von α-Brompropionsäureester».
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nikolái Zelinski |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Birch, S.F. «Obituary notices: ... [1] Nicholas Dimitrivich Zelinsky, 1861–1952». Journal of the Chemical Society, 2, 5, 1954, p. 4059–4064. doi:10.1039/JR9540004059.
- A. N. Nesmeyanov, A. V. Tophiev, B. A. Kazansky and N. I. Shuikin (1953). "To the memory of academician Nikolai Dmitrievich Zelinsky". Russian Chemical Bulletin 2 (5): 683–690.
- S. F. Birch; Delaby, R.; Birch, S. F. (1954). "Obituary notices: ... Nicholas Dimitrivich Zelinsky, 1861–1952". Journal of the Chemical Society 2 (5): 4059–4064.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]