Saltar ao contido

Tiráspol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTiráspol
Tiraspol (ro)
Тирасполь (uk)
Тирасполь (ru)
Тираспол (mo) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 46°51′N 29°38′L / 46.85, 29.63
Estado non recoñecidoTransnistria Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación133.807 (2014) Editar o valor en Wikidata (2.676,14 hab./km²)
Xeografía
Superficie50 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorAlexander Suvorov Editar o valor en Wikidata
Creación1792 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoOleg Dovgopol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalMD-3300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webtirasadmin.gospmr.org Editar o valor en Wikidata

Tiráspol (ruso: Тирасполь, ucraíno: Тираспіль[1]) é a capital do estado autoproclamado Transnistria e a segunda cidade máis poboada de Moldova. A cidade queda na beira leste do Dnister. Tiraspol é un centro rexional da industria lixeira, como son a produción de mobles e produtos eléctricos.

A moderna cidade de Tiráspol fundouna o xeneralísimo Alexander Suvorov en 1792, aínda que a zona estivo habitada durante miles de anos por diversas etnias.[2] A cidade celebra cada ano o seu aniversario o 14 de outubro.[3]

Historia preclásica

[editar | editar a fonte]

Tyras (Τύρας), tamén denominada "Tiras", foi unha colonia da cidade grega de Mileto, probablemente fundada ao redor do 600 a.C., situada a úns 10 km da desembocadura do río Tiras (Dniester). De pouca importancia nos primeiros tempos, no século II a.C. foi destruído polos tracios Xetae ao redor do 50 a.C.

No 56 d.C., a República romana restaurou a cidade e fíxoa parte da provincia colonial de Moesia inferior. Existen unha serie das súas moedas que inclúen cabezas de emperadores romanos desde Domiciano ata Alexander Severus. Ao pouco tempo do último, a cidade foi destruída de novo, esta vez pola invasión dos godos. O seu goberno estaba en mans de cinco arcontes, un senado, unha asemblea popular e un rexistro civil. As imaxes das súas moedas deste período suxiren o comercio de trigo, viño e peixe. As poucas inscricións existentes están principalmente relacionadas co comercio.

Estes antigos restos arqueolóxicos son escasos, xa que no sitio da cidade construíuse a gran fortaleza medieval de Monocastro ou Akkerman.[4] Durante a Idade Media, a zona en torno a Tiráspol foi unha zona tampón entre os tártaros e os moldofvos e habitada por ambos grupos étnicos.

Fundación rusa

[editar | editar a fonte]

O Imperio ruso conquistou o seu camiño cara ao Río Dnister, conquistando territorio do Imperio Otomán. Para fortalecer a nova fronteira do estado do Imperio Ruso en 1792, na marxe esquerda do río Dniester, a petición do mariscal de campo Alexander Suvorov (considerado o fundador do moderno Tiráspol), construíronse, preto dunha aldea moldova chamada Sucleia, fortificacións e a cidade de Tiráspol polo arquitecto François Sainte de Wollant, a súa estatua é o fito máis distintivo da cidade. A cidade tomou o nome de Tyras, o nome grego do río Dniester no que se atopa. Tras a aparición de Tiráspol, moitos aldeáns de Sucleia mudaronse a Tiráspol, en 1795 a poboación de Tiráspol era de 2.500 persoas.

En 1828, o goberno ruso estableceu unha aduana en Tiráspol para intentar suprimir o contrabando. A aduana estaba subordinada ao xefe da rexión aduaneira de Odesa. Comezou as operacións con 14 empregados. Inspeccionaban os envíos de pan, papel, aceite, viño, azucre, froitas e outras mercadorías.

En 1867 foi construído un ferrocarril que ligaba Tiráspol con Odesa e en 1873 creouse un ferrocarril para Chisinau.

Tiráspol soviético

[editar | editar a fonte]
Edificio parlamentario de Transnistria en Tiraspol. Na fronte está unha estatua de Vladimir Lenin
MiG-19 soviético monumento en Tiraspol
Un trolebús en Tiráspol pintado coas cores da bandeira

Despois da Revolución Rusa, en 1924 creouse a República Socialista Soviética Autónoma Moldova en Ucraína, con Balta como capital. A república tiña o romanés, o ucraíno e o ruso como linguas oficiais. A súa capital trasladouse en 1929 a Tiráspol, que permaneceu como a capital da ASSR moldova ata 1940.

En 1940, seguindo as disposicións secretas do Pacto Molotov-Ribbentrop, a URSS obrigou a Romanía a ceder Besarabia. Integrou Tiráspol, ata entón parte da República Socialista Soviética de Ucraína, na recentemente formada República Socialista Soviética de Moldova. O 7 de agosto de 1941, despois da invasión da Unión Soviética, a cidade foi tomada por tropas romanesas. Durante a ocupación, Tiráspol estivo baixo a administración romanesa. Durante ese período case toda a súa poboación xudía morreu, foron asasinados "in situ" ou deportados aos campos de exterminio nazis alemáns, onde foron asasinados.

En 1941 antes da ocupación, fundouse o xornal Dnestrovskaya Pravda por deputados populares do Concello de Tiráspol. Esta é a publicación periódica máis antiga da rexión. O 12 de abril de 1944, a cidade foi recuperada polo Exército Vermello e volveu a formar parte da RSS moldova.

Coa caída da Unión Soviética e a independencia da República de Moldova en 27 de agosto de 1989, a rexión de Transnistria proclamou a súa independencia o 2 de setembro de 1990 e Tiráspol converteuse na capital de Transnistria.

Post-independencia

[editar | editar a fonte]

O 27 de xaneiro de 1990, os cidadáns en Tiráspol aprobaron un referendo declarando a cidade como un territorio independente. A cidade próxima de Bendery tamén declarou a súa independencia de Moldova. A medida que o movemento independentista de lingua rusa gañou forza, algúns gobernos locais agrupáronse para resistir a presión do goberno de Moldova para a súa nacionalización.

O 2 de setembro de 1990, Tiráspol foi proclamada capital da nova República Socialista Soviética Moldova Pridnestrovia. A nova república non foi recoñecida oficialmente polas autoridades soviéticas, con todo, recibiu o apoio dalgúns importantes líderes soviéticos, como Anatoly Lukyanov. Despois da disolución da Unión Soviética, o territorio ao leste do río Dniéster declarou a súa independencia como República Moldova Pridnestrova (PMR), con Tiráspol como capital. Non foi recoñecida pola comunidade internacional.

O 1 de xullo de 2005, o Liceo "Lucian Blaga", escola secundaria con romanés como lingua docente, rexistrouse como unha ONG transnistriana. O rexistro de 6 escolas que usaban ese idioma foi obxecto de negociacións desde o ano 2000. As tensións creceron no verán de 2004, cando as autoridades transnistrias pecharon as escolas que ensinaban moldovo co alfabeto latino. Segundo a opinión oficial do PMR, iso considérase que é romanés. O moldovo, escrito no alfabeto cirílico, é un dos tres idiomas oficiais do PMR. O romanés non o é. Houbo sancións e boicots a ámbalas dúas marxes do Dniéster.

As tensións reflectíronse en incidentes terroristas. O 6 de xullo de 2006, unha explosión, que se cría causada por unha bomba, matou polo menos oito persoas nun microbús.[5] O 13 de agosto de 2006, unha explosión de granadas nun trolebús matou a dúas persoas e feriu a dez.[6][7][8]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome vén do grego: Tyras (Dnister) e polis (cidade).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Tiraspol é a segunda cidade máis grande de Moldova (tras Chişinău) e a maior na marxe esquerda do país. Segundo o censo realizado en novembro de 2004 polas autoridades de Transnístria. A poboación total de Tiraspol foi de 159.163 persoas, das cales:

  • Poboación Urbana: 158 070 habitantes
  • Poboación Rural: 1.094 habitantes

Estrutura étnica

[editar | editar a fonte]

No ano 1926, Tiráspol tiña 29.700 habitantes.

Grupo étnico Poboación Porcentaxe
Rusos 16,276 54,8%
Hebreos 8732 29,4%
Ucraínos 4277 14,4%
Moldovos 416 1,4%
Grupo étnico Poboación Porcentaxe
Rusos 65,298 41,71%
Ucraínos 52,278 33,07%
Moldovos 23.790 15,05%
Búlgaros 2450 1,55%
Gagauz 1988 1,26%
Belarusos 1712 1,08%
Alemáns 701 0,44%
Xudeus 573 0,36%
Armenios 360 0,23%
Polacos 324 0,20%
Xitanos 116 0,07%
Outros 7849 4,97%

Segundo o censo, o 90,4% dos habitantes teñen a cidadanía de Transnístria, pero moitos deles teñen segunda cidadanía:

Moldovos 16,2%
Rusos 16,1%
Ucraínos 12,4%

Relacións Internacionais

[editar | editar a fonte]

Consulados en Tiráspol

[editar | editar a fonte]
País Enderezo Teléfono
Abkhazia str. 25 octombrie, 76 55 564
Belarús Belarús str. 25 octombrie, 114
Rusia Rusia str. 25 octombrie, 15 95 539
Ucraína Ucraína str. 25 octombrie, 114 81905
Osetia do Sur str. 25 octombrie, 76 50704

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
País Cidade Data de irmandade
Noruega Noruega Trondheim 1987
Alemaña Alemaña Eilenburg 2002
Ucraína Ucraína Odesa 2006
Ucraína Ucraína Mykolaiv 2006
Ucraína Ucraína Ternopil 2006
Ucraína Ucraína Ismail 2006
Ucraína Ucraína Bilhorod-Dnistrovskyi 2006
Abkhazia Sukhumi 2006
Ucraína Ucraína Heson 2006
Ucraína Ucraína Tcherkássi 2006
Rusia Rusia Volgogrado 2006
Rusia Rusia Kaluga 2006
Rusia Rusia Kurks 2006
Belarús Belarús Minsk 2006
Rusia Rusia Cherkasy 2006
Osetia do Sur Tsjinvali 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Ісаєв, Дмитро (2008). Історія України. Ілюстрований атлас [History of Ukraine. An Illustrated Atlas.] (PDF) (en Ukrainian). Kiev: Інститут передових технологій. p. 33. ISBN 978-966-7650-49-0. 
  2. About Transdniestra (Russian) Arquivado 15 de abril de 2008 en Wayback Machine. World Window NGO. Retrieved 2006, 12-27
  3. "Street fairs, celebrations mark Tiraspol's 214th birthday" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Tiraspol Times, 14 de outubro de 2006. Retrieved 2007, 2-20
  4. See E. H. Minns, Scythians and Greeks (Cambridge, 1909); V. V. Latyshev, Inscriptiones Orae Septentrionalis Ponti Euxini, vol. I.
  5. "Trans-Dniester blast kills eight". BBC News. 6 de xullo de 2006. 
  6. "Trolley bus blasted in Tiraspol possibly in a terror attack" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Regnum
  7. "New bus explosion in Tiraspol leaves one dead, eleven injured" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Tiraspol Times
  8. "Another blast in public transport in Tiraspol", Moldpres