Saltar ao contido

Trolebús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro trolebús do mundo en Berlín.
Trolebús en Santos (Brasil).

Un trolebús[1] ou trole[2] é un autobús eléctrico, alimentado por unha catenaria de dous cables superiores desde os que toma a enerxía eléctrica mediante dúas hastas. Os trolebuses non usan vías especiais ou carrís na calzada, coma os tranvías, polo que resultan sistemas máis flexíbeis. Conta con pneumáticos de caucho en vez de rodas de aceiro en carrís.

Trolebuses en Córdoba, Arxentina

O trolebús naceu o 29 de abril de 1882, cando Ernst Werner von Siemens fixo andar o seu Elektromote nun suburbio de Berlín, que funcionou ata o 13 de xuño do mesmo ano. A primeira liña experimental, desenvolvida por Lombard Gérin púxose en marcha para a Exposición Universal de París de 1900. Max Schiemann deu un salto decisivo cando o 10 de xullo de 1901 implantou a liña de trolebuses para transporte público en Bielathal, Alemaña.

O trolebús, como medio de transporte urbano a efectos prácticos, ten a súa orixe a principios do século XX nos Estados Unidos. En 1920 a compañía Brill de Philadelphia xa producía trolebuses, con grande aceptación por parte das compañías de transporte urbano, debido á gran semellanza da súa mecánica co tranvía e ao tendido aéreo, o que permitía ao persoal da compañía familiarizarse rapidamente co seu novo material.

Os trolebuses desenvolvéronse amplamente nos países de Europa Oriental e a Unión Soviética, onde se implantaron en case todas as cidades con máis de 200 000 habitantes.

Algunhas empresas de transporte público, comezando coa Brooklyn-Manhattan Transit Corporation (BMT) de Nova York, enunciaron o concepto all-four, é dicir, emprego de autobuses, trolebuses, tranvías e metros como un sistema integrado e complementario entre os sistemas máis lixeiros e os máis pesados. En especial os autobuses e os trolebuses consideráronse un sistema para percorridos curtos que complementaba outros sistemas de maior percorrido e máis rápidos, como o metro ou o tren lixeiro.

Esquema dun trolebús

[editar | editar a fonte]

Esquema dun Pullman Standard 43-CX N.º 814, o trolebús máis antigo do mundo aínda en funcionamiento na cidade de Valparaíso, Chile.

  1. Tendido eléctrico
  2. Letreiro de percorrido
  3. Espello retrovisor externo
  4. Farol
  5. Portas delanteras
  6. Primeiro eixe simple delantero
  7. Portas traseiras
  8. Segundo eixe dual traseiro
  9. Barras decorativas
  10. Tensadores
  11. Soga
  12. Cabezal
  13. Troles de pértega
  14. Zapato de troles
  15. Base troles
  16. Número de máquina
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trolebús.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trole.