Nikola Milinković
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1968 ![]() Sanski Most, Bosnia e Hercegovina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 83 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1991 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Sergej Milinković-Savić, Vanja Milinković—Savić ![]() |
Nikola Milinković (en serbio: Никола Милинковић), nado en Sanski Most o 19 de marzo de 1968, é un ex futbolista serbio que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Sanski Most, na entón República Socialista de Bosnia e Hercegovina, dentro de Iugoslavia, e comezou a xogar ao fútbol no Radnički Zdena. Xusto antes de comezar a guerra de Bosnia trasladouse a Serbia e alí xogou dous anos no FK Bečej, antes de se mudar a España.
En 1993 fichou polo Lleida, co que debutou na Primeira División na terceira xornada da tempada 1993/94 contra o Rayo Vallecano. Marcou o seu primeiro gol en España na seguinte xornada, contra o Logroñés nas Gaunas, onde bateu ao gardameta Julen Lopetegui. Disputou un total de 31 partidos esa tempada, 26 deles de liga e 5 de Copa do Rei, e marcou seis goles, pero o equipo acabou descendendo. Xogou unha tempada máis co club catalán na Segunda División, disputando a promoción de ascenso, e a continuación fichou polo Almería, tamén de Segunda. Xogou unha tempada no club andaluz, onde foi o máximo goleador do equipo con 12 tantos.
En 1996 fixo a súa primeira incursión no fútbol portugués, fichando polo Chaves, que militaba na Primeira Liga. Disputou 39 partidos de liga nunha tempada e media co club portugués, anotando 8 goles. En decembro de 1997 chegou a Galicia, onde fichou polo Ourense, adestrado por Luis Rodríguez Vaz. No equipo ourensán fíxose coa titularidade no que restaba de tempada e logrou o obxectivo da permanencia. Na tempada 1998/99 contou con poucos minutos e deixou o equipo antes do remate da campaña. Regresou a Portugal e xogou dúas tempadas e media co Alverca na máxima categoría.
En 2001 trasladouse a Austria, onde xogou no Grazer AK, co que gañou a Bundesliga austríaca e dúas Copas de Austria, e no ASK Schwadorf, antes de regresar en 2005 a Serbia para militar no Radnički Niš.[1] Retirouse no USV Markt Hartmannsdorf austríaco en 2006.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa xogadora profesional de baloncesto Milana Savić e é pai dos futbolistas Sergej Milinković-Savić e Vanja Milinković-Savić e da xogadora de baloncesto Jana Milinković-Savić.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Grazer AK
- Bundesliga austríaca (1): 2003/04
- Copa de Austria (2): 2001/02, 2003/04.
- Supercopa de Austria (1): 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas". ForaDeJogo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ "Estatísticas de Milinković en Austria". Asociación Austríaca de Fútbol (en alemán). Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ "Vanja Milinković-Savić za “Sport”: Da sam ostao napadač danas bih bio u Realu!" (en bosníaco). 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en WorldFootball.net (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).