Virtual Console
Virtual Console (バーチャルコンソール Bācharu Konsōru?), tamén coñecido como VC, é un servizo de descarga de videoxogos clásicos ofrecido por Nintendo para as súas videoconsolas Wii, Nintendo 3DS e Wii U. Segundo palabras do daquela presidente de Nintendo, Satoru Iwata, a consola virtual supón para os videoxogos o que iTunes Store de Apple supón para a música. O servizo ofrece ó usuario xogos para descargar das antigas videoconsolas de Nintendo (NES, Super Nintendo e Nintendo 64) e tamén de Sega Mega Drive, Neo-Geo, TurboGrafx-16 e Sega Master System, así como dos ordenadores Commodore 64 e MSX e xogos de antigas portátiles (Game Gear, Game Boy, Game Boy Color, Game Boy Advance e Nintendo DS).[1]
Reggie Fils-Aimé, presidente de Nintendo Of America, confirmou durante o Electronic Entertainment Expo 2018 que o servizo non chegará a Nintendo Switch, sendo substituído polo servizo Nintendo Switch Online, que comezou a estar operativo en setembro de 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nintendo Japan Virtual Console overview" (en xaponés). Nintendo. Consultado o 2007-02-25.