Nizami Ganjavi
Nome orixinal | (fa) نظامی گنجوی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1141 Gəncə, Azerbaidján |
Morte | 1209 (67/68 anos) Gəncə, Azerbaidján |
Lugar de sepultura | Gəncə |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, filósofo |
Pseudónimo literario | نظامی |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |
Nizami Ganjavi (en persa: نظامی گنجوی, literalmente Niẓāmī de Ganja, transliterado Niẓāmī Ganjavī), Nizami Ganje'i,[1] Nizami,[2] ou Nezāmi, de nome formal Jamal ad-Dīn Abū Muḥammad Ilyās ibn-Yūsuf ibn-Zakkī,[3] nado en Ganja en 1141 e finado na mesma cidade en 1209, foi un poeta persa[1][4][5][6][7][8] sunnita,[9] considerado o maior poeta épico romántico da literatura persa,[10] á que levou o estilo coloquial e realista.[2][11] O seu legado é amplamente apreciado e compartido por Afganistán,[1] Azerbaidján,[12] Irán,[1] o Kurdistán[13][14][15] e Tadjiikistán.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nome persoal era Ilyas[1] e o seu pseudónimo era Nizami e Neẓāmi. Naceu nunha área urbana[12] de Ganja (Imperio Selxúcida,[11] actualmente en Azerbaidján) e crese que pasou toda a súa vida no sur do Cáucaso. Segundo De Blois, Gəncə era unha cidade que nesa época tiña unha poboación predominantemente iraniana.[1] O historiador armenio Kirakos Gandzaketsi (c. 1200 – 1271) menciona que "a cidade estaba densamente poboada con iranianos e un pequeno número de cristiáns".[16] Como Nizami non era un poeta da corte, non aparece nos anais das dinastías.[17] Os tazkerehs, recompilacións de memorias literarias que inclúen máximas de grandes poetas con información biográfica e comentarios do seu estilo refírense a el brevemente.[17] Gran parte do material nos tazkerehs está baseado en lendas, anécdotas e rumores,[17] polo que só se coñecen poucos feitos da vida de Nizami,[12][17] e a única fonte é a súa obra, que non achega moita información persoal.[12]
Pais
[editar | editar a fonte]Nizami quedou orfo[2][18] moi novo e foi criado polo seu tío materno Khwaja Umar, que se responsabilizou del e lle deu unha excelente educación. A súa nai, chamada Ra'isa, era de orixe kurda.[2][12][19] O seu pai, de nome Yusuf, aparece mencionado unha vez na poesía de Nizami.[2] Nos mesmos versos indica que o nome do seu avó era Zakki. En parte da mesma obra[20] tense considerado a palabra Mu'ayyad como un título de Zakki,[3] mentres outros estudosos o interpretan como o nome do seu bisavó. Algunhas fontes afirman que o seu pai puidera ser de Qom.[2][19] Nizami aparece mencionado tanto como persa coma iraniano.[4]
Familia
[editar | editar a fonte]Nizami casou tres veces. A súa primeira esposa era unha moza escrava kipchak que lle foi enviada por Fakhr al-Din Bahramshah, gobernador de Darband, como parte dun agasallo. Segundo Iraj Bashiri, ela foi a esposa "máis amada" de Nizami. Con ela tivo o seu único fillo, Mohammad. Ela faleceu pouco despois de que completase a obra Khusraw o Shīrīn, cando Mohammad tiña sete anos. Nizami volve mencionar o seu fillo en Leili o Majnun engadindo que tiña catorce anos e é a "mazá dos meus ollos". En Haft Peykar tamén o menciona e aconséllalle que adquira máis responsabilidades porque o seu pai está debilitándose.
Algúns autores de finais do século XX consideran que esta esposa se chamaba Afaq. Vahid Dastgerdi parece que foi o primeiro que propuxo este nome, mais ao mesmo tempo Said Nafisi e outras fontes discuten esta interpretación procedente dun verso de Nizami,[21][22] asumindo que nese verso Afaq simplemente significa "horizonte". As outras dúas esposas de Nizami faleceron prematuramente, coincidindo coa finalización dunha obra épica, o que fixo dicir ao poeta: "Deus, por que cada para cada masnavi teño que sacrificar unha esposa!".[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 C. A. (Charles Ambrose) Storey e François de Blois (2004), "Persian Literature – A Biobibliographical Survey: Volume V Poetry of the Pre-Mongol Period.", RoutledgeCurzon; 2.ª edición revisada (21 de xuño de 2004). ISBN 0-947593-47-0. páx. 363
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Meisami, Julie Scott (1995). The Haft Paykar: A Medieval Persian Romance. Oxford University Press.
- ↑ 3,0 3,1 Mo'in, Muhammad(2006), "Tahlil-i Haft Paykar-i Nezami", Teherán.: páx. 2
- ↑ 4,0 4,1 Chelkowski, P.J (1995), “Nizami Gandjawi”, Encyclopaedia of Islam, New Ed., vol. 8: 76–81. Online Version: Chelkowski, P. "Nizami Gandjawi, jamal al-Din Abu Muhammad Ilyas b. Yusuf b. Zaki Muayyad . Encyclopaedia of Islam. Edited by: P. Bearman, Th. Bianquis, C.E. Bosworth, E. van Donzel and W.P. Heinrichs. Brill, 2008. Brill Online
- ↑ Bernard Lewis, “Music of a distant drum”, Princeton University Press, 2001. Páx. 9
- ↑ Julie Scott Meisami, Paul Starkeym, “Encyclopedia of Arabic Literature”, Taylor & Francis, 1998. Páx. 69
- ↑ "BACHER, WILHELM – Encyclopaedia Iranica". Iranicaonline.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ "Ganca (Azerbaijan) - Encyclopædia Britannica". Britannica.com. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ Bertels, E.E. (1962). Selected Works, Nizami and Fizuli. "the fact that unlike the Shia Iranians, "Nizami was righteous Sunni"". Oriental Literature.
- ↑ CHARLES-HENRI DE FOUCHÉCOUR, "IRAN: Classical Persian Literature" en Encyclopædia Iranica
- ↑ 11,0 11,1 Neẓāmī. Encyclopædia Britannica Online (Encyclopædia Britannica). 2009. Consultado o 28 de febreiro de 2009.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Jan Rypka (Rypka, Jan. "Poets and Prose Writers of the Late Saljuq and Mongol Periods", 2n The Cambridge History of Iran, Volume 5, The Saljuq and Mongol Periods, ed., publicado en xaneiro de 1968. páx. 578
- ↑ Vladimir Minorsky. Studies in Caucasian History. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ Thomas de Waal. The Caucasus: An Introduction. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ "Nizami Ganjavi - USSR Politicization - Iranian Persian Civilization - Nezami Ganjei". Azargoshnasp.net. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ Gandzakatsi, Kirakos (1986). Kirakos Gandzakats'i's History of the Armenians / translation from Classical Armenian by Robert Bedrosian. Nova York. p. 197.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 Peter J. Chelkowski, "Mirror of the Invisible World", New York: Metropolitan Museum of Art, 1975.
- ↑ "The Poetry of Nizami Ganjavi: Knowledge, Love, and Rhetortics", Nova York, 2001. páx. 2
- ↑ 19,0 19,1 A) V.Minorsky: "Review of G. H. Darab translation of Makhzan al-Asrar" 1945 Minorsky, BSOAS., 1948, xii/2, 441–5) B) V. Minorsky, Studies in Caucasian History, Cambridge University Press, 1957. páx. 34
- ↑ Barazat Zanjani. “Layla va Majnun-I Nizami Ganjavi: matn-I Ilmi va intiqadi az ru-yi qadimtari nuskha-hayi khatti-I qarn-I hashtum ba zikr-i ikhtilaf-i nusakh va ma’ani lughat va tarikbat va kashf al-bayat”, Tehran, Mu’assasah-i Chap va Intisharat-i Danishgah Tehran, 1369 [1990]. páx. 28
- ↑ Lornejad, Siavash; Doostzadeh, Ali (2012). "On the Modern Politicization of the Persian Poet Nezami Ganjavi" (PDF). Iereván: Victoria Arakelova, YEREVAN SERIES FOR ORIENTAL STUDIES (Editor of the Series Garnik Asatrian), Caucasian Centre for Iranian Studies. pp. 173–175.
- ↑ "ON THE MODERN POLITICIZATION OF THE PERSIAN POET NEZAMI GANJAVI: Siavash Lornejad, Ali Doostzadeh: Free Download & Streaming: Internet Archive". Archive.org. 10 de marzo de 2001. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ Iraj Bashiri,"The Teahouse at a Glance" – Nizami's Life and Works, 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nizami Ganjavi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Encyclopædia Iranica, "Khamsa", Domenico Parrello
- E.G. Browne. Literary History of Persia. (Four volumes, 2,256 pages, and twenty-five years in the writing). 1998. ISBN 0-7007-0406-X
- Biography of Nizami Dr. Julie S. Meisami of Oxford University
- Jan Rypka, History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company. 1968 OCLC 460598. ISBN 90-277-0143-1
- Chopra, R M, Nizami Ganjavi (1141-1209): The Greatest Master of Persian Romantic Mesnavi, 2014, Sparrow Publication, Kolkata. ISBN 978-81-89140-75-5
- Christine van Ruymbeke. Science and Poetry in Medieval Persia: The Botany of Nizami's Khamsa . University of Cambridge Press, 2008.
- Christine van Ruymbeke. "From culinary recipe to pharmacological secret for a successful wedding night: the scientific background of two images related to fruit in the Xamse of Nezâmi Ganjavi", Festschrift in honour of Professor J.T.P. de Bruijn, Persica, Annual of the Dutch-Iranian Society, (Leiden), 2002, pp. 127–136
- C. A. (Charles Ambrose) Storey and Franço de Blois (2004), "Persian Literature – A Biobibliographical Survey: Volume V Poetry of the Pre-Mongol Period.", RoutledgeCurzon; 2.ª edición revisada (21 de xuño de 2004). ISBN 0-947593-47-0.
- K. Talattof & J.W. Clinton, The Poetry of Nizami Ganjavi: Knowledge, Love, and Rhetoric. – Nova York, 2001
- Talattof, Kamran, Nizami's Unlikely Heroines: A Study of the Characterizations of Women in Classical Persian Literature.
- Nizami Ganjavi en Google Books. J. S. Meisami(Translator) Haft Paykar: A Medieval Persian Romance., Nova York: Oxford University Press, 1995
- Nizami Ganjavi en Google Books. Johan Christoph Burgel & Christine van Ruyuymbeke, "Nizami: A Key to the Treasure of the Hakim ", Amsterdam University Press, 2011
- Nizami Ganjavi en Google Books. Peter J. Chelkowski, "Mirror of the Invisible World", Nova York: Metropolitan Museum of Art, 1975
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute
- Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Lailî and Majnûn
- Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Haft Paikar: TRANSLATED FROM THE PERSIAN, WITH A COMMENTARY, BY C. E. WILSON, B.A. (LOND.)
- Persian Literature in Translation The Packard Humanities Institute: Eskandar-Nama (The Book of Alexander) tranducido por Henry Wilberforce-Clarke
- "Biography of Nezami Ganjavi by Professor Julia Scott Meysami". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2019.
- Nizami, Jamal al-Din Ilyas. A biography by Prof. Iraj Bashiri, University of Minnesota.
- Nezami's works in original Persian Arquivado 30 de xullo de 2012 en Wayback Machine. at RiRa, the Persian Digital Library
- Nezami's works in original Persian at Ganjoor Persian Library
- The Legend of Leyli and Majnun
- Bio: Nezami Ganjavi
- University of Arizona Resources on Nezami Ganjavi