No bico un cantar
Aparencia
No bico un cantar | |
---|---|
Formato | documental musical |
Duración | 30 m x capítulo |
Creado por | Senén Bernárdez Ferrán |
Presentado por | Arturo Fernández Álvarez |
Día(s) de emisión | primeiramente os martes, despois os venres e finalmente os sábados |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 1/1/2013 |
Última emisión | 29/3/2014 |
Nº de temporadas | 2 |
Nº de episodios | 26 |
Na rede
| |
http://www.crtvg.es/tvg/programas/no-bico-un-cantar |
No bico un cantar, subtitulado Letras e melodías gravadas no noso corazón, é un programa da Televisión de Galicia sobre cancións populares galegas, feito por un equipo de profesionais que xa traballaran xuntos no programa Alalá, dirixido por Senén Bernárdez Ferrán. O título está tirado da cantiga "A Rosalía", que Manuel Curros Enríquez lle adicara a Rosalía de Castro.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Para a análise de letras e músicas contouse coa colaboración de, entre outros, Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Abe Rábade e Xosé López Calo.
Capítulos
[editar | editar a fonte]Título Data de
emisiónVídeo "A Rianxeira" 01/01/2013 "Andrés Do Barro" 08/01/2013 "Negra sombra" 15/01/2013 "Galicia, terra meiga" (Ana Kiro) 22/01/2013 "A Carolina" 29/01/2013 "A Santiago voy" 05/02/2013 "Quen poidera namorala" 19/02/2013 "Anduriña" 26/02/2013 "Unha noite na eira do trigo" 05/03/2013 "Un canto a Galicia" (Julio Iglesias) 12/03/2013 "Pousa, pousa" 19/03/2013 "O carro" 26/03/2013 "O rodaballo" 23/08/2013 "A Charanga" (Juan Pardo) 30/08/2013 "Fisterra" 06/09/2013 "Himno galego" 18/01/2014 "O gato" 25/01/2014 "Lela" 01/02/2014 "Catro vellos mariñeiros" 08/02/2014 "Adiós ríos, adiós fontes" 15/02/2014 "Miña terra galega" 22/02/2014 "Lévame, lévame" 01/03/2015 "Xirarei" 08/03/2014 "Galicia caníbal" (Fai un sol de carallo) 15/03/2014 "Cantigas de Camariñas" 22/03/2014 Himnos de fútbol 29/03/2014
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Tivo unha mención especial das televisións públicas rexionais europeas asociadas na CIRCOM.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o Seu Tempo CCG e USC.
- ↑ «“No Bico un Cantar” da TVG consegue a mención especial...» Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Clúster Audiovisual Galego, 24/4/2015.