Contou Rosalía
Contou Rosalía | |
---|---|
Xénero | Biopic |
Escrito por | Raúl Veiga [1] |
Dirixido por | Zaza Ceballos |
Intérpretes | Melania Cruz, entre outros. |
Lingua(s) | galego |
Produción | |
Localización(s) | A Coruña |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseado na vida de Rosalía de Castro en Madrid.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]Ao Madrid de mediados do S. XIX chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Tamén está na cidade, por asuntos de familia, a escritora feminista Rosalía de Castro. Alí fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía. Á calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón que a escritora non quere ver morrer nas cadeas con que a sociedade da época aferrolla as mulleres. O amor da escritora, desafiando limitacións de todo o tipo, desenvólvese no clima conspiratorio do final da era absolutista, tan axitado como traxicómico, onde a actuación da Duquesa da Gloria adquire unha sorprendente relevancia no camiño da emancipación. A propia Rosalía é quen nolo conta.
Segundo Iolanda Ogando:[3]
“ | Unha breve análise de CR, permítenos ver rapidamente que este baleiro documental sería decisivo na maneira de encarar o guión por parte de Raúl Veiga, tanto na conformación da súa lectura histórica como na selección de acontecementos, textos e pensamentos da autora. | ” |
Elenco
[editar | editar a fonte]- Melania Cruz, como Rosalía de Castro.[4]
- Fran Lareu, como Manuel Murguía.
- Tamara Canosa
- Ledicia Sola
- Alejandro Jato
- César Cambeiro
- Pepo Suevos
- David Perdomo
- Celso Parada
- Josito Porto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Raúl Veiga, guionista da película 'Contou Rosalía'" Zigzag diario, TVG, 11/6/2017.
- ↑ Veiga, Raúl (2019). "Libremente Rosalía. A propósito do filme “Contou Rosalía”" (PDF). Follas Novas, Revista de estudos rosalianos (Padrón) (4). ISSN 2530-3813. OCLC 982069779.
- ↑ Ogando, Iolanda (2020-06-29). "Podemos falar dunha Rosalía transmedial?". Revista 2i: Estudos de Identidade e Intermedialidade 2 (1): 77–90. ISSN 2184-7010. doi:10.21814/2i.2530.
- ↑ "A luguesa Melania Cruz será Rosalía nunha nova serie de ficción da TVG". Diario de Pontevedra. 3/6/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Comeza a rodaxe para TVG da primeira ficción inspirada na vida de Rosalía de Castro" 2/6/2017.
- "Primeiras imaxes da miniserie 'Contou Rosalía'" Zigzag Diario, 23/2/2018.
- Veiga Rouriz, Raúl (2018). "Guión cinematográfico do filme para TV “Contou Rosalía”". Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos 3.