Tamara Canosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1983 (41 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, xestora cultural, director teatral, produtor de teatro |
Premios | |
| |
Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1983,[1] é unha actriz e directora de teatro[2] galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou na pequena pantalla en series e telefilmes autonómicos a finais dos anos 90, con papeis de adolescente. Así, encarnou a Laura na serie Mareas vivas, dos capítulos 54 ao 150. Fixo roles secundarios en diversas producións, o que lle abriu as portas ao debut cinematográfico da man de Gerardo Herrero en Heroína.
Outro papel importante foi coma secundaria na serie da TVG Valderrei, con 95 episodios. Dende o 2005 combina papeis televisivos en series coa interpretación na grande pantalla, en curtas como Bechos Raros ou Juan Marante, e a participación no filme Pradolongo, que protagonizou xunto con Rubén Riós e Roberto Porto. O seu traballo nesta película valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista do ano 2008. No 2012 volveu á gran pantalla con Ignacio Vilar no filme Vilamor.
En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Obras teatrais
[editar | editar a fonte]- Os actos e as profecías, 2024. Dirección e coautoría. Centro Dramático Galego
- Soños 2023. Dirección. Culturactiva
- Amantis. 2022. Dirección e coautoría. Rebordelos.
- Liberto. 2020. Dirección e adaptación. Rebordelos.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor interpretación feminina secundaria | Valderrei | Finalista |
2008 | Mellor interpretación feminina protagonista | Pradolongo | Gañadora |
2016 | Mellor interpretación feminina secundaria | Hospital Real | Finalista |
2018 | Mellor interpretación feminina secundaria | Trote | Finalista |
Ano | Categoría | Obra | Resultado |
---|---|---|---|
2020 | Mellor dirección e mellor adaptación | Liberto | Finalista |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CulturaGalega.gal (ed.). "Tamara Canosa en AVG". Consultado o 27 de febreiro de 2019.
- ↑ "Marelas Teatro estréase con 'Liberto'". Cultura Galega. 4 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara Canosa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rebordelos, empresa cultural da que é fundadora.
- El escondite de las palabras, blog persoal.
- Ficha na AVG