Saltar ao contido

Pradolongo (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pradolongo
Ficha técnica
Título orixinalPradolongo
DirectorIgnacio Vilar
GuiónCarlos Asorey
Miguel Gancedo
Ignacio Vilar
IntérpretesTamara Canosa
Rubén Riós
Mela Casal
Roberto Porto
Antonio Mourelos
MúsicaZeltia Montes
DistribuidoraVia Láctea Filmes / Televisión de Galicia
Estrea14 de marzo de 2008[1]
Duración100 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Orzamento€1.200.000[2]
Recadación€153.487,30[3]
Na rede
http://www.pradolongo.net
IMDB: tt1302577 Filmaffinity: 305900 Allmovie: v601950 Editar o valor en Wikidata

Pradolongo é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que se estreou no 2008. Rodado integramente en galego, a rodaxe fíxose na comarca de Valdeorras. Está protagonizado por Tamara Canosa, Rubén Riós, Mela Casal e Roberto Porto.

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Pradolongo estreouse nos cines galegos o 14 de marzo de 2008, cunha distribución limitada de 6 copias en salas comerciais, e no ano da estrea tivo 17.879 espectadores e recadou € 82.715,80. A súa recadación total dende a súa estrea ascende a €153.487,30.[4] Ademais, saíu á venda cunha edición en DVD e Blu Ray, sendo o primeiro filme galego comercializado neste formato de alta definición.[5]

Por outra banda, estreouse na TVG o 31 de marzo de 2009, sendo un dos filmes con maior audiencia da TVG, con 190.000 espectadores e un 20,0% de audiencia.[6]

O 17 de abril de 2010, estreouse nas salas Cinemax de Braga, converténdose no primeiro filme en galego estreado en Portugal.[7]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008, e en 2009 foi candidata aos premios Hollywood Music in Media Awards, na categoría de mellor composición novel. O filme recibiu en 2008 o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián.

  • Premio Cidade de San Sebastián 2008. Film Commission. 56 Edición do Festival de Cine de San Sebastián.
  • Premio Especial na XIII Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, 2008.
  • Premio Jerry Goldsmith Mellor Banda Sonora e Mellor Composición Novel, Zeltia Montes. IV Congreso Internacional de Música de Cine Cidade de Úbeda 2008.
  • Premio “Director’s Choice Gold Medal for Excellence. Park City Film Music Festival. Utah. USA. 2009
  • Premio Moondance Atlantis Award de la Banda Sonora Moondance International Film Festival de Colorado. (USA). 2009
  • Premio “Hollywood Music in Media Awards", Pradolongo nomeada na categoría "Best New Composer" (Mellor Compositor Novel/ Revelación). Os Ánxeles. USA. 2009.

Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a actriz Tamara Canosa recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por este filme.

Ano Categoría Receptor Resultado
2ª edición Mellor filme Ignacio Vilar Nomeado
Mellor director Ignacio Vilar Nomeado
Mellor actriz Tamara Canosa Gañadora
Mellor montaxe Guillermo Represa Nomeado
Mellor música orixinal Zeltia Montes Nomeada
Mellor fotografía Alberto Díaz "Bertirxi" Nomeado

Galería de eventos promocionais e actores do filme

[editar | editar a fonte]
  1. "Películas Recadación Espectadores 2008" (PDF). Ministerio de Educación Cultura e Deporte de España. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  2. "Ficha artística Pradolongo". Culturagalega.org. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  3. "Axudas á Cinematografía 2010" (PDF). Ministerio de Educación Cultura e Deporte de España. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  4. mecd.gob.es (ed.). "Axudas á Cinematografía 2010" (PDF). Ministerio de Educación Cultura e Deporte de España. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  5. "Producións de Vía Láctea". Vía Lácta Filmes. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  6. "Pradolongo na TVG". Fórmula TV. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  7. "'Pradolongo' triunfa en Portugal fronte ás superproducións". www.vieiros.com. Consultado o 2020-04-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]