Saltar ao contido

Gonzalo Rei Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Rei Chao
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , actor de teatro , actor de cinema , actor de dobraxe Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0721082 Facebook: gonzalo.reichao.5 Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Rei Chao, nado en Galicia o 14 de febreiro de 1945, é un actor galego de televisión, cinema, dobraxe e teatro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezouse a formar na Escola de Artes Escénicas da Estrada, da man de Roberto Vidal Bolaño.[2] Comezou a súa carreira teatral en 1986, realizando varias accións de dobraxe. Durante uns anos neste eido, deu a súa voz a personaxes como o Mestre, de Érase unha vez... o home, como Don Gregorio en A lingua das bolboretas ou como Mestre Mutenroi en Dragon Ball Z Kai. Tamén fixo de narrador en Os mortos van á présa. En 1989 comezou a súa actividade diante da televisión traballando na serie ¿Imos aló?. Posteriormente continuou como personaxe de diversas series ata que en 2008 encarnou a Xervasio na película Pradolongo. No mesmo ano, en 2008, substituíu a Tuto Vázquez na serie Padre Casares por enfermidade ata 2015. Nesta serie deulle vida ao vello cura Don Crisanto.[3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Televisión
Cine

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gonzalo Rey Chao". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2024-06-29. 
  2. "Entrevista Gonzalo Rei Chao" (en inglés). Consultado o 2024-06-30. 
  3. Blanco, Sandra (15/6/2008). "«É un traballo arduo interpretar un papel creado por outro actor»". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]