Tuto Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1947 Ribeira, España |
Morte | 29 de abril de 2010 (63 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Xosé Manuel Vázquez Martínez, nado en Ribeira o 21 de marzo de 1947 e finado o 29 de abril de 2010,[1] foi un actor galego coñecido como Tuto Vázquez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio e Filosofía e posuía o título de Declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña e o de Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.
Tiña grande experiencia como actor teatral e de dobraxe, e na última década participara en varias series de televisión galegas, así como nalgunhas películas con pequenas intervencións e multitude de curtametraxes. Tamén traballou en publicidade, participando en varios spots, e na radio, nun total de 8 temporadas do espazo Preescolar na casa.
Interveu en montaxes teatrais coas compañías Tespis, O facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Produccións do Noroeste, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego e Producións Librescena.
O seu último traballo televisivo foi na serie Padre Casares, onde tivo que ser substituído no personaxe de Don Crisanto por Gonzalo Rei Chao a principios de 2008 debido ao cancro que padecía e do que faleceu en abril de 2010.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Un café de ollos verdes (1992), de Antonio F. Simón (curtametraxe).
- Blanca Madison (1998), de Carlos Amil.
- O trasto (2002), de Rafael Calvo.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Servicio de urxencias
- A familia Pita
- Os outros feirantes (1989)
- Memorias dun parado (1991)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- Pratos combinados (1995)
- Mareas vivas (1998-2003)
- Avenida de América (2003)
- As leis de Celavella (2003)
- Padre Casares (2008)
Teatro
[editar | editar a fonte](lista parcial)
- Historias del zoo
- En alta mar
- Escena para 4 personajes
- Don Juan
- Sonata de espectros
- Os vellos non deben de namorarse
- A noite vai coma un río
- A voda de Sganarello
- O canto to cisne
- Galileo Galilei
- As tres irmás
- Espectros
- As alegres casadas
- O barbeiro de Sevilla
- Cyrano de Bergerac
- Escuadra hacia la muerte
- El amor de los cuatro coroneles
- Sin querer
- Farsa y justicia del corregidor
- Puntila e o seu criado Matti
- O Señor Bonome e os incendiarios
- Macbeth
- A longa viaxe do Capitán Zelta
- Chejov, Chejov
- ¡Ei Freihmulle!
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actor secundario | Padre Casares | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el gallego Tuto Vázquez", artigo en Faro de Vigo, 30 de abril de 2010 (en castelán).