Follas Novas (revista)
Follas Novas: Revista de Estudos Rosalianos | |
---|---|
País | España |
Lugar | Padrón |
Lingua | lingua galega |
Especialidade | literatura |
Fundación | 2016 |
Desenvolvemento | |
Editorial | Fundación Rosalía de Castro |
Publicador | Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía |
Circulación | |
Frecuencia | anual |
ISSN | 2530-3813 |
OCLC | 982069779 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Follas Novas, subtitulada Revista de Estudos Rosalianos, é un anuario dirixido por Xosé Luís Axeitos que botou a andar en 2016, editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía, de Padrón. A publicación, que leva o nome dun das principais obras de Rosalía de Castro, o poemario Follas novas, é continuadora doutra de periodicidade irregular, a Revista de Estudios Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero, da que saíran en total catro números (nos anos 2000, 2002, 2008 e 2011).
Descrición
[editar | editar a fonte]O seu director é Xosé Luís Axeitos. O consello de redacción está formado por Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Lydia Fontoira Surís e Pilar García Negro e compoñen o comité científico: Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro, Francisco Rodríguez Sánchez, Ana Rodríguez Fischer e Dolores Vilavedra.
Números
[editar | editar a fonte]Número 1. Ano 2016
[editar | editar a fonte]Patrocinado polo concello de Rianxo, contén os seguintes artigos:
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián. "Sobre a recepción e fortuna crítica do chamado “Conto gallego” de Rosalía de Castro": 14–33.
- P. García Negro. "2015-2016: 150 anos de dúas pezas fundamentais de Rosalía de Castro, “El Cadiceño” e “Las literatas”": 34–69.
- María López Sández. "O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro": 70–91.
- Kathleen March. "Non teceu soia a súa tea: os textis de Rosalía": 92–107.
- Francisco Rodríguez. "O cerebro luminoso dunha novelista transcendente: a propósito de El caballero de las botas azules": 108–121.
- Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. "Rosalía enferma: Carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía": 124–143.
- Diego Rodríguez González. "Unha carta de Manuel Murguía a Rosalía de Castro": 144–157.
- X. L. Axeitos. "Recensión de No tempo de "Follas novas". Unha viaxe pola literatura universal. P. García Negro. 2015": 160–164.
- Iria Sobrino-Freire. "Recensión de Rosalía de castro no século XXI… Álvarez, Angueira, Rábade e Vilavedra (coords.) 2014": 165–169.
- Aurora López, Andrés Pociña. "Últimas tendencias na bibliografía de e sobre Rosalía": 172–197.
- Laura Branco. "Rosalía á beira do Cherwell: Retrospectiva para unha didáctica oxoniense": 200–203.
- Xaquín López González. "Rosalía de Castro nos estudos de galego da Universidade Autónoma de Barcelona": 204–207.
- Cristina Masdeu Cotán. "A viaxe rosaliana": 208–209.
- Margarita Viso Soto. "Rosalía na música dos compositores da Asociación Galega de Compositores": 210–219.
- Antía Marante Arias. "Rosalía de Castro en Kiel": 220–224.
- "O arquivo da Casa de Rosalía": 226–229.
- Pepe Barro. "Sete veces Rosa: Historia da identidade gráfica da Casa de Rosalía": 230–237.
Número 2. Ano 2017
[editar | editar a fonte]Co patrocinio do concello de Padrón.
- Xosé Luís Axeitos. "Manuel Barros, cronista de Padrón": 8–25.
- Manuel Ferreiro Fernández. "Amizade, conexión epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)": 26–49.
- Pilar García Negro. "Sobre o outro Códeo": 50–65.
- Xurxo Martínez. "Do xenio nacional ó criterio: algúns apuntamentos sobre a literatura galega no Rexurdimento": 66–95.
- Diego Rodríguez González. "A letra de Rosalía: bases para a súa identificación": 96–139.
- Francisco Rodríguez Sánchez. "Avances nos estudios rosalianos: silencios e reticencias": 140–163.
- Xosé Luís Axeitos. "Algunhas reflexións sobre o corpus epistolar da familia Murguía-Castro…": 166–185.
- Xoán Costa. "Recensión de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. Francisco Rodríguez. 2011": 188–191.
- Manuel Forcadela. "Recensión. O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía: María Xosé Queizán 2017": 192–196.
- Aurora López e Andrés Pociña. "As edicións de Rosalía de Castro na República Arxentina": 198–213.
- Marica Campo. "A sombra do meu asombro (Tetraloxía -1996-)": 216–222.
- Ánxela Lema París. "Rosalía de Castro con acento francés": 223–225.
- Carlos Rodríguez Dacal. "A Casa de Rosalía: horta da Paz e Xardín da Galeguidade": 228–237.
- "Caldo de gloria para o día de Rosalía": 238–239.
- "A reinauguración da casa de Rosalía de Castro": 240–242.
Número 3. Ano 2018
[editar | editar a fonte]Patrocinado polo concello de Rois.
- Xosé Ramón Barreiro. "Os epígonos das Irmandades da Fala": 8–27.
- Justo Beramendi. "A Gloriosa e o galeguismo": 28–48.
- M.ª dos Anxos García Fonte, H. Sanfiz. "Unha lectura de Si a vernos, Marica, nantronte viñeras"…": 50–73.
- Arcadio López-Casanova. "En las orillas del Sar na poesía española: apuntamentos para unha revisión": 74–92.
- M.ª J. Lorenzo-Modia. "Rosalía de Castro e as escritoras angloamericanas do seu tempo en La hija del mar": 94–108.
- Anxo Angueira. "Manuel Barros, crítico e tradutor de Rosalía": 112–122.
- Lydia Fontoira Suris. "Comentario a unhas pasaxes de En las orillas del Sar": 124–128.
- Raúl Veiga Rouriz. "Guión cinematográfico do filme para TV Contou Rosalía": 130–183.
- Ariana García González. "Recensión. A Rosalía de Castro de Luisa Carnés": 186–192.
- Aurora López, Andrés Pociña. "A recepción de Rosalía en Portugal": 194–217.
- Marisa Álvarez Garea. "Pregón da Festa do Banquete de Conxo de 2018": 220–227.
- Manuel Lorenzo Baleirón. "Unha fita de pedra na Iria de Rosalía": 228–232.
- Alejandro Martínez Vicente. "Rosalía en Zadar: a folla en branco dálmata": 233–237.
- Alexandre Nerium. "Rosalía encheu de lúas do mar a Bastabales o camiño": 238–239.
- Margarita Viso. "Música para “A Rosalía”, poema de Rey Soto": 240–246.
Número 4. Ano 2019
[editar | editar a fonte]Co patrocinio do concello de Dodro.
- Anxo Angueira. "Sen agardar a Murguía: Carta inédita de Rosalía de Castro a José Villaamil": 10–33.
- Pablo Carou Barros. "José Villaamil y Castro e a paixón pola cultura galega": 34–50.
- Teresa López. "Arredor de Rosalía: notas sobre as escritoras nas orixes do Rexurdimento": 52–79.
- X. Martínez. "O presidente da República que prologou as Follas novas de Rosalía: Notas a unha relación de Emilio Castelar coa cultura galega (Pardo Bazán vs. Murguía)": 80–109.
- Victorino Pérez Prieto. "Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro: xunguidos pola fala e a Terra…": 109–133.
- Raúl Veiga Rouriz. "Libremente Rosalía: A propósito do filme “Contou Rosalía”": 134–150.
- Xosé Luís Axeitos. "O editor Soto Freire, mediador necesario na Historia de Galicia": 152–159.
- Pilar García Negro. "Falta um capítulo em El caballero de las botas azules. Ricardo Carvalho Calero": 160–168.
- Lydia Fontoira Suris. "recensión de: Rosalía de Castro, En las orillas del Sar. A. Angueira. Xerais, 2019": 170–174.
- Aurora López, Andrés Pociña. "Rosalía de Castro nas obras de Ricardo Carballo Calero: Estudo bibliográfico": 176–194.
- Marica Campo Domínguez. "Carballo Calero na Ofrenda Lírica": 195–199.
- X. L. Méndez Ferrín. "Aberración ética e límite nas letras. O conto de Arlandier e Liesa": 202–207.
- Martin Pawley. "Os astros son innúmeros (e agora hai un que se chama Rosalía)": 208–211.
Número 5. Ano 2020
[editar | editar a fonte]Co patrocinio do concello de Santiago de Compostela.
- Fernando Cabo Aseguinolaza: "Rosalía de Castro, póstuma": 10-23.
- Pilar García Negro. " Emilia Pardo Bazán. Notas para un debate necesario": 24-45.
- Germán Labrador: "Églogas comunais. As paisaxes fundacionais de Rosalía de Castro como lugares de memoria (1863-1884)": 46-83.
- Aurora López, Andrés Pociña: "Rosalía de Castro: intentos de asasinato durante a Guerra Civil (1936 – 1939)": 84-95.
- María de los Ángeles Rodríguez Fontela: "Rosalía de Castro nas artes visuais. Mitificación e rostrificación da imaxe fotográfica": 96-117.
- Xosé Luis Axeitos. "Murguía e os seus editores: un contrato de edición": 120-133.
- Diego Rodríguez González. "Murguía a Rosalía. Unha segunda carta do ano 1879": 134-143.
- Lydia Fontoira Suris: "Correspondencia de Murguía IV, de Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luis Axeitos": 146-152.
- Índices da revista: colaboradores, materias, onomástico. (nos 1-5, anos 2017-2021): 154-165.
- Xosé Luis Axeitos: "Rosalía na voz dos viaxeiros e escritores sudamericanos a Galicia": 168-179.
- Alfredo Conde: "A propósito de Rosalía": 180-183.
- Margarita Viso: "A Malenconía de Brañas-Lens en homenaxe a Rosalía": 184-188.
- Fundación Rosalía de Castro: "Un ano difícil": 190-193.
Número 6. Ano 2021
[editar | editar a fonte]Co patrocinio do concello de Boiro.