Saltar ao contido

José de la Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé de la Hermida

José de la Hermida, sentado Editar o valor en Wikidata
Biografía
Morte13 de maio de 1913 Editar o valor en Wikidata
Lestrobe, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 13005 BNE: XX1303901 BUSC: hermida-y-del-castro-j-de-la


José de la Hermida Castro Pazos de Probén, finado en Lestrobe o 13 de maio de 1913, foi un escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Pazo de Hermida.
A Rosalía Castro, 1888.

Fillo de Gregorio Antonio de Hermida, propietario do Pazo de Hermida, curmán de Rosalía de Castro e sobriño do historiador Jose Verea de Aguiar e Hermida. Foi republicano e librepensador. Instalouse en Madrid pero regresou a Padrón antes da Revolución de 1868. Publicou en Padrón o periódico El Libertador. Colaborou en El Motín e Las Dominicales del Libre Pensamiento. Publicou os opúsculos Expansión político-libre pensadora (1887), ¿Fue el cristianismo un progreso? (1892), Cuba (1892), Sobre el universitario abismo e ¡Leed estudiantes! (1910), utilizando ás veces o pseudónimo Veritas. O 12 de maio de 1913 asistiu ao banquete a Alejandro Lerroux en Santiago de Compostela e ao día seguinte finou na súa casa de Lestrobe.[1][2]

  1. El Progreso, 18-5-1913, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 19-5-1913, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]