Noelia Rodríguez
Presentación de Sons de baleas | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1977 (47 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Noelia Rodríguez, nada en Lisboa o 14 de outubro de 1977, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilameá (Río Caldo, Lobios). Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de coautora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Sons de baleas (Edição Calidum, 2003)[1]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[2][3][4]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Outras
[editar | editar a fonte]Ten no prelo un segundo poemario: Non te esquezas dos peixes vermellos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Calidum". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en As escollas electivas
- A autora en Vieiros