Noite Meiga
Noite Meiga é un evento lúdico-cultural celebrado en Sarria o último sábado de agosto desde 1971, organizada pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos[1].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Amais da vertente lúdica e da cultural, existe tamén unha celebración gastronómica, con produtos típicos da zona.
O pregón foi dado en distintos anos por persoeiros relevantes da cultura galega, como Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Avelino Pousa Antelo, Uxío Novoneyra, Dionisio Gamallo Fierros, Fiz Vergara Vilariño, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Valentín Arias López ou Ramón Villares Paz.
No eido artístico, celébranse certames de literatura -prosa e verso- e a Bienal de Arte Galega -pintura e escultura-. Hai tamén nas actuacións musicais: durante a xornada actúan no recinto Grupos de Danzas e Gaitas de Meigas e Trasgos; ao chega a medianoite ten lugar a danza da Noite Meiga.