Saltar ao contido

Noiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noiva na súa voda.

Noiva, no seu contexto xeral, está referido a unha muller que está involucrada nunha relación romántica. O equivalente masculino é noivo. A palabra provén do latín nova (nova) ao utilizarse na expresión nova nupta (recentemente casada). Aos poucos foise deixando de usar a segunda palabra nupta e modificándose a primeira ata chegar a noiva.

Orixinalmente o uso da palabra implicaba que a relación estaba dirixida ao matrimonio, con todo, o seu significado actual é moito máis amplo, incluíndo outro tipo de relacións, as homosexuais inclusive. Úsase nas relacións entre adolescentes, entre mozos maiores de idade, para referirse a unha parella nunha relación exclusivamente sexual ou en relacións en que a parella comparte unha vivenda sen estar casados. O uso desta palabra non implica en ningún caso que a relación estea dirixida ao matrimonio obrigatoriamente.

O día da voda, á muller que casa refíreselle tamén como a noiva, durante todo o día aínda cando a voda xa se realizou.

A palabra noiva é algo diferente da súa máis frecuente tradución do inglés girlfriend, xa que tamén traduce ao termo bride. O primeiro concepto pódese chegar a usar entre dúas mozas que non teñan unha relación sexual ou romántica. Tamén pasan a ser girlfriend e boyfriend, sen necesidade dunha declaración. Ademais, tiña no pasado a connotación dunha relación ilícita, mentres que bride denotaba orixinalmente a máis seria das relacións. Co concepto bride establécese que a relación acabará en voda nun momento próximo. O día da voda á noiva chamáselle bride.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]