Noivo
Un noivo é o membro home dunha parella nunha relación romántica. Orixinalmente o uso da palabra implicaba que a relación tiña como obxectivo final o matrimonio. Con todo, o seu significado actual é moito máis amplo, pois inclúe moitos outros tipos de relacións.
O termo úsase nas relacións entre adolescentes; úsase tamén entre mozos maiores en idade de casar; actualmente, úsase tamén para referirse a unha parella nunha relación exclusivamente sexual ou en relacións nas que a parella comparte unha vivenda sen estar casados.
Características
[editar | editar a fonte]O día da voda, ao home que casa refíreselle tamén como o noivo (durante todo o día aínda cando a voda xa se realizou).
Entre mozos e adolescentes, para iniciar unha relación de noivado un mozo adoita 'declararse', aínda que ese costume tamén cambiou nas xeracións máis recentes.
A palabra noivo é algo diferente, comparada co equivalente utilizado con máis frecuencia no inglés, boyfriend, xa que tamén pode equivaler ao termo groom (o termo aplicado ao noivo no momento da cerimonia relixiosa do matrimonio), de modo que a idea de que a relación debería nalgún momento terminar nunha voda sempre está presente. Ademais, un boyfriend non se converte en tal pola declaración, senón que chega a selo cando a parella leva moito tempo saíndo xuntos (dating, en inglés, é dicir, "citándose"), o que sería unha tradución moi basta. A palabra boyfriend ademais, tiña no pasado a connotación dunha relación ilícita, mentres que noivo denotaba orixinalmente a máis seria das relacións.
En Chile existen tres pasos antes do noivado, primeiro existe un estado coñecido con "andar", que é cando unha parella ten unha relación máis comprometida que un amigo, para despois pasar ao "pololeo", verbo transitivo de orixe mapuche e vén do pololo que é un insecto que se caracteriza por roldar ao redor das persoas. En Chile noivo xa é no momento que unha parella decide casar.