Non chores, Sabeliña
Non chores, Sabeliña | |
---|---|
Forma | Zarzuela |
Idioma orixinal do libreto | Galego |
Libretista | Xosé Trapero Pardo |
Estrea | 1992 |
Teatro da estrea | Auditorio Gustavo Freire |
Lugar da estrea | Lugo |
Duración | 40 minutos |
Música | |
Compositor | Gustavo Freire |
Non chores, Sabeliña é unha zarzuela en composta polo compositor lucense Gustavo Freire en 1943 con libreto en galego de Xosé Trapero Pardo. Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal na obra recae no coro.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A obra foi estreada en 1992 nun concerto da Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense no que os papeis principais estiveron interpretados por Noemi Mazoy e Moncho García Otero, malia que hai temas que durante moito tempo formaron parte do repertorio da Banda Municipal de Lugo.
O seu libreto foi o primeiro texto publicado nesta lingua logo da Guerra Civil.
Non chores, Sabeliña vén ser o consello do autor experimentado a unha rapaza nova que sofre temporal mal de amores, sabendo que ao remate todo se aclarará e Sabeliña e o seu namorado comprobarán que o amor verdadeiro triunfa sobre todas as dificultades.
Gravacións
[editar | editar a fonte]A primeira interpretación de Non chores, Sabeliña foi gravada pola Radio Galega en 1992, mais non foi ata 2009 cando se realizou unha gravación fiel á partitura orixinal. Esta última gravación correu por parte da Orquestra de Xove, en colaboración coa Coral Lugh e que tivo o seu xermolo nunha interpretación levada a cabo pola orquestra e a coral en 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "'Non chores, Sabeliña' estrena versión grabada 66 años después". El Progreso. 16/12/2009.
- Xulio Xiz (16/5/2012). "Non chores, Sabeliña". La Voz de Galicia.