Noora Mylläri
Noora Mylläri coa camisola de Ilves en 2022. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de abril de 2000 (24 anos) Vaasa, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,65 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 61 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | left-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Noora Mylläri, nada en Vaasa o 3 de abril de 2000, é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xoga como centro ou ala.[1] Na tempada 2022-23 xoga no equipo de Ilves de Tampere da Naisten Liiga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Apaixonada aos deportes de equipo dende pequena, Noora Mylläri comezou xogando ao fútbol e ao floorball con nenos. Algúns dos seus compañeiros xogaban tamén ao hóckey sobre xeo, polo que provou.[2]
Mylläri comezou a súa carreira no hóckey sobre xeo nunha escola de hóckey para nenas, na que permaneceu dous meses antes de pasar a xogar cos nenos. A súa progresión levouna a unirse ao equipo feminino da súa cidade natal, Vaasan Sport, cando tiña tan só 13 anos.[2] Na tempada 2015-16 da Naisten Mestis, a que daquela era unha das figuras máis prometedoras do equipo de Vaasa sumou 20 puntos (10 goles e 10 asistencias) en tann só 12 partidos.[3] Con todo, aos 16 anos o alto ritmo de adestramentos e os estudos produciron unha sobrecarga por fatiga que fixo diminuír o seu apetito e o seu rendemento. Estes problemas fixeron que tivera que deixar a práctica deportiva durante un tempo, durante o cal permaneceu no equipo como adestradora asistente.[2]
Durante a tempada 2021-22 foi vicecapitá de Vaasan Sport xunto con Pauliina Suoniemen (capitá) e Susanna Kupari (tamén vicecapitá).[4]
Logo do descenso de Sport, Mylläri fichou por Ilves para a tempada 2022-23 en xuño de 2022.[5] En maio de 2023 prolongou un ano máis a súa relación co club de Tampere.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Noora Mylläri" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 18 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Varjonen, Terhi (13 de outubro de 2017). ""Joinakin aikoina olisin vain halunnut nukkua tän ohi" – Vaikea ylikuormitustila vei 17-vuotiaan Nooran haaveet urheilijan urasta". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2022.
- ↑ Hanhikoski, Herkko (24 de abril de 2016). "Hokkuspokkus Cup toimii kauden kevennyksenä Sportin naisille". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 23 de maio de 2023.
- ↑ "Kapteenisto valittu" (en finés). 11 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2022. Consultado o 18 de outubro de 2022.
- ↑ Post de benvida de Ilves Naiset a Noora Mylläri
- ↑ Seppä, Lassi (22 de maio de 2023). "Ilveksen naiset solmi jatkosopimuksia − Mylläri, Tenhunen ja Narinen pistivät nimet paperiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 23 de maio de 2023.