Nou Estadi de Palamós
Nou Estadi de Palamós | |
---|---|
![]() O estadio durante un partido do Palamós en 2008 | |
Datos | |
Coordenadas | 41°51′13″N 3°07′17″L / 41.853484, 3.12138 |
Localización | Narcís Pagès i Prats, 2, 17230; Palamós, Xirona ![]() España ![]() |
Construción | |
Inauguración | 1989 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 65 |
Capacidade | 5.824 espectadores |
Propietario | Concello de Llagostera |
Localía | Palamós CF UE Llagostera[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Nou Estadi de Palamós é un campo de fútbol da vila de Palamós, na provincia de Xirona, España. Foi inaugurado o 29 de agosto de 1989, e posúe unha capacidade para 5.824 espectadores. Atópase situado na rúa Narcís Pagès i Prats. O seu equipo local é o Palamós Club de Futbol.
Dende a tempada 2014/15 tamén xoga no estadio a Unió Esportiva Llagostera. A imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran,[2] o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós.[1] Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Marca (ed.). "O Llagostera xogará en Palamós".
- ↑ Diari de Girona, ed. (5 de xullo de 2014). "Montilivi, só para o Girona".
- ↑ Ribas, Ramon (7 de xullo de 2014). Diari de Girona, ed. "O Llagostera xogará en Palamós". Consultado o 7 de xullo de 2014.