Saltar ao contido

Llagostera

Modelo:Xeografía políticaLlagostera
Imaxe

Epónimolago e Saltón Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°49′45″N 2°53′36″L / 41.829166666667, 2.8933333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Xirona
ComarcaGironès Editar o valor en Wikidata
CapitalLlagostera (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.208 (2023) Editar o valor en Wikidata (120,52 hab./km²)
Número de fogares100 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie76,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRidaura (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude160 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónFiz de Xirona Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Llagostera (en) Traducir Editar o valor en WikidataNarcís Llinàs i Gavilan (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17240 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17089 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170890 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webllagostera.cat Editar o valor en Wikidata

Llagostera é un municipio da comarca do Gironès, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Llagostera atópase no extremo meridional da comarca do Gironès. O seu termo municipal é o máis grande da comarca (76,36 km²) e limita cos concellos de Santa Cristina d'Aro, Caldes de Malavella, Tossa de Mar e Cassà de la Selva.

Polo leste, Llagostera intégrase dentro da zona boscosa do macizo das Gavarres (PEIN), despois de pasar pola chaira de Panedes; polo norte e noroeste atopamos unha chaira de cultivos. No extremo oposto está o macizo da Ardenya, que ocupa gran parte do termo pola zona sur.

Llagostera ten bastantes entidades de poboación como Panedes e Sant Llorenç, con parroquia propia, Bruguera, Gaià, Ganix, Cantallops, Creu de Serra, Pocafarina e Llobatera. Igualmente, Llagostera integra os núcleos urbanizados de La Canyera, La Mata, Mont-Rei, Llagostera Residencial, Selva Brava e Font Bona.

Xa dende o paleolítico tense coñecemento de núcleos habitados na zona que actualmente ocupa o termo municipal. Durante a época medieval, Llagostera, formada só polo núcleo antigo dentro da muralla, converteuse en baronía, xurisdición señorial erixida en 1375 sobre a señoría, o lugar e o castelo homónimos a favor de Gastó de Montcada i de Luna, que comprendía os castelos de Malavella, Montagut e Cassà, a vila de Caldes de Malavella e as vilas e lugares de Franciac, Santa Seclina, Caulers, Tossa e Lloret.

Pasou á familia Cruïlles e, despois de varios preitos, aos Rocabertí-Tagamanent, aos Vilarig e aos Cruïlles de Castellfollit, á vez que os Montcada, marqueses de Aitona, e os seus sucesores os duques de Medinaceli tamén se puxeron o título de baróns de Llagostera. A señoría de Llagostera concedérase en 1288 ao vizconde Dalmau de Rocabertí. En 1323, trala morte do fillo deste, Guerau de Rocabertí, volveu á coroa, e en 1324 foi doada ao avó do primeiro barón Ot de Montcada i de Pinós, señor da baronía Aitona. O barrio de Reramur ilustra perfectamente a configuración medieval da vila dentro da muralla que antigamente marcaba os límites do núcleo habitado arredor do castelo e da igrexa.

Centro da localidade.

A principios do século XIX, Llagostera converteuse nunha das vilas con importante actividade da industria de rollas, xuntamente coa veciña Cassà de la Selva. Esta industria significou un crecemento demográfico e urbanístico da localidade, ademais do nacemento dunha clase obreira incipiente. Por iso en 1872 constituíuse unha Federación Local da Federación Rexional Española da Asociación Internacional dos Traballadores (FRE-AIT), liderada pola sindicalista llagosterenca Isabel Vilà i Pujol. Despois da guerra civil española, co declive da industria de rollas e a falta dunha rede de auga potable, chegou a parálisis económica ao municipio, que non conseguiu reorientarse cara a outras actividades económicas. É unha situación que aínda persiste actualmente, aínda que Llagostera recibiu ondas migratorias surespañolas, magrebís e subsaharianas.

A plaça del Castell acolle, desde 1982, un monumento que recorda os tempos nos que a vila foi gratificada co privilexio real. Este privilexio foi concedido a Llagostera e a Caldes de Malavella en 1241, cando os dous concellos formaban unha bailía real. O privilexio, que redimía os habitantes das dúas localidades de certas cargas feudais, foi ratificado posteriormente por Carlos IV de España en 1793.

A construción da liña de alta tensión de Les Gavarres de Fecsa Endesa tivo a oposición máis destacada da poboación de Llagostera. Os veciños consideraban que pasaba moi preto das casas e que prexudicaría a súa saúde. O concello liderado por Josep Lluís Postigo i Garcia converteuse a finais de 2001 no único en opoñerse á construción da liña. A finais de setembro de 2001 iniciáronse as obras cun forte despregamento dos Mossos d'Esquadra.[1] Co nome de Llagosterix os veciños fixeron un irónico acto de inauguración lúdico-reivindicativo con pasacalles acabadas as obras.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]

As entidades de poboación do municipio son: Llagostera, la Canyera, Llagostera Residencial, la Mata, Mont-rei, Bruguera, Cantallops, Creu de Serra, Ganix, Gaià, Llobatera, Mata, Penedes, Pocafarina, Sant Llorenç, Font Bona, Selva Brava e Mas Gotarra.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
4.140 4.090 3.812 4.464 5.013 5.769 7.900

Transporte

[editar | editar a fonte]

A situación estratéxica do municipio converteuno en terra de paso e de conexión entre o interior xerundense e a Costa Brava centro. A Llagostera chégase polas estradas C-65, de Xirona a Sant Feliu de Guíxols, pola GI-674 de Caldes de Malavella ou pola C-35 de Tossa de Mar e Vidreres, vía que enlaza coa autoestrada AP-7. Antigamente, Llagostera estivo conectada ao ferrocarril por medio da liña de vía estreita que unía Sant Feliu de Guíxols e Xirona que pasaba polo municipio, onde había unha estación. Esta liña foi clausurada en 1969.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Campanario da igrexa

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Feira do Cogomelo (Fira del Bolet), o 12 de outubro.
  • Mercado Romano, o Domingo de Ramos.
  • Feira do Batre, a finais de xullo.
  • Feira de Nadal
  • Festa maior de Llagostera, a Segunda Pascua.
  • Xornadas gastronómicas, organizadas pola Asociación de Restaurantes de Llagostera.

O equipo de fútbol máis representativo da localidade é o Unió Esportiva Llagostera, que xoga na Segunda División B. Son coñecidos tamén o Club Patinatge Llagostera, con varios títulos nacionais e europeos, o Club d'Handbol Llagostera, o Club Bàsquet Llagostera, o Club BTT Llagostera, o Futbol Sala Llagostera, o Grup Excursionista Bell Matí ou o Club Tenis Taula Llagostera.

  1. Bague, Gerard (27 de setembro 2001). El País, ed. "La policía de la Generalitat ocupa Llagostera para imponer la polémica línea de Fecsa". 
  2. Redacció (16 de febreiro de 2004). Vilaweb, ed. "Llagostera 'inaugura' la línea d'alta tensió de les Gavarres". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]