Figueres
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
Comarca | Alt Empordà | ||||
Capital de | |||||
Capital | Figueres (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 47.879 (2023) (2.480,78 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 218 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 19,3 km² | ||||
Bañado por | río Manol | ||||
Altitude | 39 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jordi Masquef Creus (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17600 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 972 | ||||
Código INE | 17066 | ||||
Código territorial IDESCAT | 170669 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ca.figueres.cat | ||||
Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpiñán, en Francia.
Historia breve
[editar | editar a fonte]O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Empúries, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.
Arte e arquitectura
[editar | editar a fonte]Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes:
- O castelo de Sant Ferran (castelo de san Fernando).
- A igrexa de Sant Pere (igrexa de san Pedro).
- O Teatro-Museo Dalí.
- O Museu del Joguet de Cataluña (museo dos xoguetes), que como o seu nome indica está dedicado a xoguetes.
Tradicións e cultura
[editar | editar a fonte]Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.