Novela de xadrez
Novela de xadrez | |
---|---|
Capa da edición de 1943 en Estocolmo | |
Título orixinal | Schachnovelle |
Autor/a | Stefan Zweig |
Orixe | Austria |
Lingua | Lingua alemá |
Tema(s) | isolation, Alemaña nazi, trauma psicolóxico, xadrez e Anschluss |
Data de pub. | 1943 |
Precedido por | Ungeduld des Herzens |
Seguido por | Die spatbezahlte Schuld |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Novela de xadrez é unha novela do escritor austríaco Stefan Zweig, escrita entre 1938 e 1941 e publicada de forma póstuma en 1944. Escrita en lingua alemá co título orixinal de Schachnovelle, foi traducida ao galego por Patricia Buxán e Saleta Fernández Fernández e publicada en 2004 por Ir Indo[1] e de novo con esa tradución por Irmás Cartoné en 2018[2]. O relato é unha crítica do nazismo e dos métodos da Gestapo; así mesmo, trata a incomunicación e o exilio forzoso do propio Zweig, que endexamais tornaría a Austria.[3]
Trama
[editar | editar a fonte]Mirko Czentovič é un home rudo e ignorante, amais de campión mundial indiscutible de xadrez. Durante unha travesía en barco, algúns afeccionados enfróntase a el, sen chegar a supoñerlle un rival. Con todo, unha partida contra o enigmático Dr. B. acaba en táboas. A continuación, Czentovič, asombrado, pídelle o desquite.
A noite antes da reunión, o Dr. B. conta a súa historia, e o motivo que o leva a enfrontarse a un campión xadrecista. En realidade, o doutor B. fora vítima do nazismo, e torturado cun método concreto: o illamento absoluto. Ao bordo da loucura, resistiu grazas a un manual de xadrez co que bateu por casualidade. Centrou a súa atención no xogo, feito que lle permitiu librar centos de partidas mentalmente e asemade manter a cordura.
Versión cinematográfica
[editar | editar a fonte]En 1960, Gerd Oswald adaptou ao cinema a novela Schachnovelle de Zweig. O actor Mario Adorf interpretou a Czentovič mentres que Curd Jürgens fixo de Dr. B.[4]
Música
[editar | editar a fonte]O compositor español Cristóbal Halffter compuxo unha ópera co mesmo título a partir da obra de Zweig, que foi estreada en Kiel (Alemaña) en 2013.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en Cultura Galega.
- ↑ Recensión da obra, lecturafilia.com.
- ↑ Resumo Arquivado 24 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. da obra. (en alemán)
- ↑ "Schachnovelle". Schachnovelle. Consultado o 22-08-2018.
- ↑ "Cristóbal Halffter. Schachnovelle" (en inglés). Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.