Novo Mesto
Novo mesto (sl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Eslovenia | ||||
City municipality of Slovenia (en) | Cidade Municipal do Novo (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.183 (2020) (726,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 33,3 km² | ||||
Bañado por | Río Krka | ||||
Altitude | 181 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Rudolf IV | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Trnava (pt) Vršac Herceg Novi (pt) Yixing (pt) Leskovac (pt) Bihać Vilafranca del Penedès Langenhagen (1988–) Toruń (2009–) | ||||
Sitio web | novomesto.si |
Novo Mesto (en esloveno, literalmente, "Cidade Nova") é unha cidade de Eslovenia. Consonte a Oficina Estatística da República de Eslovenia, o seu municipio ten unha área de 298,5 km², e segundo o censo de 2002 tiña 40.925 habitantes. É considerada como o centro económico e cultural da Baixa Carniola. O 7 de abril de 2006 a cidade pasou a ser a sede da nova diocese católica de Novo Mesto, sufragánea da arquidiocese de Ljubljana.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]Novo Mesto está situada no sueste de Eslovenia a uns 60 km da capital, Ljubljana, sobre as beiras do río Krka, e non lonxe da fronteira de Croacia.
Historia
[editar | editar a fonte]Novo Mesto foi fundada co nome de Rudolfswert (nome alemán; en esloveno adaptado como Rudolfovo), o 7 de abril de 1365. O nome foi posto en honra de Rodolfo IV de Austria, da dinastía dos Habsburgo.
Despois da primeira guerra mundial e da subseguinte disolución de Austria-Hungría, a cidade foi rebautizada oficialmente Novo Mesto, nome que coloquialmente sempre ostentara desde practicamente a súa fundación.
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]- Igrexa principal, cun presbiterio gótico do século XV, coas famosas pinturas do altar de San Nicolao, obra de Tintoretto, e outras pinturas de Metzinger,
- Igrexa franciscana con fachada neogótica, na que destaca o epitafio da tumba de Ivan Lenković, fundador da fronteira militar croata.
Datos do censo
[editar | editar a fonte]Segundo o devandito censo de 2002, ten 40.925 habitantes, dos que 20.017 eran homes e 20.908 mulleres. A idade media era de 39 anos.
Aproximadamente corresponden á área urbana 29,25 km², con 13.796 vivendas.
Desemprego
[editar | editar a fonte]O municipio de Novo Mesto tiña en 2002 tiña unha poboación activa de 19.579 habitantes, dos cales 2.118 estaban desempregados. O concello contaba con 1.725 estudantes.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Novo mesto, Páxina oficial do concello