Nuno I Aloitiz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I |
Morte | 1028 (Gregoriano) |
Conde de Portucale | |
1015 – 1028 ← Aloito Nuniz – Ilduara Menendiz → | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Ilduara Menendiz |
Fillos | Menendo Nuniz |
Pai | Aloito Nuniz |
Nuno I Aloitiz (orixinalmente Nunus Aloitiz[1] ou en portugués Nuno Alvites), documentado por primeira vez en 1017 e falecido en 1028,[2] foi conde de Portucale, era descendente de Vímara Pérez como fillo de Aloito Nuniz e Gontina.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa presenza rexístrase por primeira vez en 1017. En 1025 consta a confirmación de Nuno dunha doazón do rei Afonso V ao irmán de Nuno, Pedro Aloitiz; nese mesmo ano, outro documento di que sucedeu ao seu pai Aloito no goberno do condado. Gobernaba o condado coa súa muller Ilduara Menendiz, filla do conde Menendo II Gundisalviz,[2] ata que foi asasinado en 1028, o mesmo ano en que morreu o rei Afonso V. Despois da súa morte, a súa viúva Ilduara continuou gobernando o condado como rexente co seu fillo menor de idade Menendo.[3] El e a súa esposa están documentados en 1025 como comite Nunus Aloitiz et uxori eius comitissa domna Ilduara.[4]
Familia
[editar | editar a fonte]Coa súa muller Ilduara tivo tres fillos:
- Menendo III Nuniz, (fl. 1028–1054). Gobernaba o condado coa súa nai e dende o ano 1043 pola súa conta.[2]
- Gontroda Nuniz,[1] cuxa presenza consta nas fontes medievais desde 1028 ata 1088, estivo casada co conde Vasco. Foron pais de polo menos un fillo, o conde Nuno Vázquez, coñecido nas fontes portuguesas como Nuno Vasques ou Nuno de Celanova. Nuno casou con Fronilde Sánchez e tivo varios fillos, entre eles os condes Afonso Nuniz, Menendo e Sancho Nuniz.
- Munio Nuniz, vendeu propiedades en Domez antes de 1031.[2]
Nuno I Aloitiz Falecemento: 1028
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Aloito Nuniz
|
Conde de Portucale 1015 - 1028 |
Sucedido por Ilduara Menendiz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo: notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". Hispania: revista española de Historia. OCLC 682814356.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mattoso, José (1981). "As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI". Editorial Estampa. OCLC 8242615.
- ↑ Sánchez Candeira, Alfonso (1999). Castilla y León en el siglo X, estudio del reinado de Fernando I. Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-8951241-2.
- ↑ Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica: Diplomata et chartae". Academia das Ciências de Lisboa. OCLC 504624362.