Nymphalis polychloros
Nymphalis polychloros | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reverso en repouso e anverso en voo. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Nymphalis polychloros' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
A Nymphalis polychloros é unha das 128 especies que compoñen o xénero Nymphalis, incluído na familia Nymphalidae. É de tamaño mediano, alaranxada con manchas negras, e foi descrita por Carl von Linné en 1758.[1]
O seu epíteto xenérico fai referencia ás ninfas -doncelas dos campos, grutas e fontes- da mitoloxía grega; [2] e a específica son as numerosas manchas ou manchas verdeazuladas que ten nas marxes das ás.
A Aglais urticae é unha especie parecida coa que se pode confundir.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son bolboretas medianas, machos de 4,5 a 5,5 cm de envergadura, as femias medio centímetro máis. O anverso ou cara superior das ás son dun ton laranxa con manchas negras. O reverso é de cor marrón escura cunha franxa distal máis clara. Os bordos das ás son irregulares.
-
♂ vista dorsal
-
♂ △ (vista ventral)
Sistemática
[editar | editar a fonte]Foi descrita por Carl von Linné en 1758 como Papilio polychloros. En 1781 Eugenius Johann Christoph Esper na súa obra Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur denominouna Papilio testudo.[3] Outros sinónimos foron P. pyrrhomelaena Hübner, 1824, Vanessa pyromelas Freyer, 1834, Vanessa dixeyi Standfuss, 1895 V. polychloros fervida Standfuss, 1896, Vanessa polychloros lucida Fruhstorfer, 1907 e Vanessa polychloros dilucidus Fruhstorfer, 1907.[4]
Ciclo biolóxico
[editar | editar a fonte]É unha especie univoltina cuxos adultos eclosionan ao principio do verán para, seguidamente, aparearse. O resto do verán e o outono aliméntanse e acumulan reservas para desenvolver os ovos e soportar o inverno. Durante os fríos invernais mantéñense ocultas en lugares escuros ou resgardados como buratos de troncos, gretas de edificios, adegas, etc. A principios de primavera as femias comezan a voar en busca das súas plantas nutricias, onde depositan un ou dous grandes grupos en canto a planta pode ofrecer alimento. As eirugas eclosionan dúas semanas máis tarde e mantéñense xuntas protexidas por un niño sedoso. Ao chegar á penúltima muda, as eirugas deixan o niño, vivindo soas até a metamorfose. Aliméntanse de gran cantidade de plantas, sobre todo de olmos e salgueiros, pero tamén de rosáceas leñosas como estripeiro, maceira, amendoeira, pereira ou capudre. A finais da primavera a eiruga forma a crisálide de cor parda no chan, troncos de árbores, ramas ou tapiais pouco transitados.[5][4][6][7]
Hábitat, distribución e conservación
[editar | editar a fonte]É unha especie ligada a zonas de árbores, son máis frecuentes nos bosques caducifolios e nos bosques de ribeira e bosques en galería, e preto dos cursos de auga.[8]
Distribúese pola conca mediterránea (sur de Europa e norte de África) até o sur de Escandinavia e polo leste até o mar Caspio, e na cordilleira do Himalaia.[4]
O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España.[9] Con todo cada vez atópase máis limitada a zonas montañosas ou de bosques de ribeira moi ben conservados, debido á redución do seu hábitat.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linneo, C. (1758)
- ↑ Alvar Ezquerra, Jaime (2000)
- ↑ Esper (1781)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Savela, M. (2011)
- ↑ Aguado Martín, L.O. (2007), pp. 271-272
- ↑ Leraut, P. (2007)
- ↑ Higgins e Riley (1980)
- ↑ 8,0 8,1 Aguado Martín, L.O. (2007), p. 272
- ↑ UICN (2012) e Verdú, J.R. et ál. (2012)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agenjo, R. (1964). "Los nombres vulgares de las mariposas españolas". Graellsia XX: 163–190.
- Aguado Martín, L. O. (2007). Las mariposas diurnas de Castilla y León (Lepidópteros ropalóceros) Especies, biología, distribución y conservación I. Valladolid: Junta de Castilla y León. p. 1041. ISBN 978-84-9718-473-1.
- Alvar Ezquerra, J. (2000). Diccionario Espasa. Mitología universal. Espasa. p. 1031. ISBN 84-239-9460-0.
- Carter, D. J. e B. Hargreaves (2005). Guide des chenilles d'Europe (en francés). Delachaux et Niestlé. p. 312. ISBN 2-603-00639-8.
- "Taxon details". Fauna Europaea (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2012.
- "The IUCN Red List of Threatened Species. 2011.2". Red List. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources (en inglés). 2011. Consultado o 28 de abril de 2012.
- Esper, E. J. C. (1781). "Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur" (en alemán). Consultado o 28 de abril de 2012.
- Higgins, L. G. e N. D. Riley (1980). Guía de campo de las mariposas de España y Europa. Barcelona: Omega. p. 452. ISBN 84-282-0327-X.
- Leraut, Patrice (2007). Insectos de España y Europa. Barcelona: Lynx Edicions. p. 528. ISBN 978-84-96553-27-9.
- Linneo, C. (1758). "Systema naturae" (en latín). Consultado o 26 de abril de 2012.
- Savela, Markku (2012). "Lepidoptera and some other life forms" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012.
- Verdú, J. R., C. Numa e E. Galante (2011). Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España. (Especies vulnerables). Madrid: Verdú, J. R., Numa, C. e Galante, E. (Eds) Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente, Medio rural y Marino. p. 1318.