O Castro de Beiro, Ourense
O Castro de Beiro | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′28″N 7°54′57″O / 42.374422222222, -7.9159722222222 |
Área | 5,23 km² |
Poboación | 127 hab. (2021) |
Densidade | 24,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo André do Castro de Beiro é unha parroquia que se localiza ao noroeste do concello de Ourense. Segundo o INE en 2021 tiña 127 habitantes (4 máis que o ano anterior).
Historia
[editar | editar a fonte]Baixo os cimentos da igrexa parroquial había un asentamento prerromano.[2] Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo. Desta parroquia foi cura Basilio Álvarez, quen promoveu o movemento agrario a comezos do século XX.
Por outra parte, compre falar da igrexa parroquial, que se encuadra dentro do denominado tipo "clásico" do románico galego, a principios do século XIII.
Camiño de Santiago
[editar | editar a fonte]O Camiño de Santiago pasa por Castro de Beiro, seguindo por Reguengo, Madrás e Casanovas para chegar a Cea, o que supón un atallo con respecto á ruta por Cudeiro.
Deporte
[editar | editar a fonte]Cada ano, o Rally Ribeira Sacra cruza os seus territorios, atraendo a centos e centos de espectadores, polo que é un acontecemento relevante para toda a parroquia. Ademais, en 2022 celebrouse a Subida a Castro de Beiro de car-cross.[3]
Pola parroquia discorre unha ruta de sendeirismo.[4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Castro de Beiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Castro de Beiro no concello de Ourense | |
---|---|
A Abelaira | A Abeleda | Cachalvite | Cardenao | O Castro de Beiro | Cima da Costa | Freixedo | O Lagar | Nogueira | Pazos | Vilariño |
Parroquias de Ourense
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Oficina de Turismo de Ourense (ed.). "Iglesia de Santo André". Consultado o 7 de xuño de 2023.
- ↑ "El carcross protagonizará la Subida a Castro de Beiro en noviembre". La Región. 23 de marzo de 2022.
- ↑ Beiro, WikiLoc.