Saltar ao contido

O Fabal, Vilasante, Cervantes

O Fabal
ParroquiaVilasante
ConcelloCervantes
Coordenadas42°49′07″N 7°03′08″O / 42.818727132975, -7.0523190127939
Poboación10 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

O Fabal é un lugar da parroquia de Vilasante no concello lugués de Cervantes, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2013 tiña 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O lugar está situado na cabeceira do val de Cancelada, e conta cun numeroso patrimonio histórico. O castro de Penatallada está na Reboleira dos Señores, e conserva foxos, murallas, cercas, e construcións. No propio castro están os restos da capela de Santa Catalina.

Na aldea está o Pazo do Fabal, casa patrucial dos señores do Fabal, construído no século XV e con capela-panteón construída en 1726 baixo a advocación de san Bartolameu, nome do fundador do morgado. Nela xacen antepasados da familia e aínda segue a ser hoxe panteón da familia. Entre os personaxes ilustres desta casa destaca José Quiroga Méndez.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilasante

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vilasante no concello de Cervantes (Lugo)

O Fabal | Pontorrón | Vilar de Cucos | Vilasante

Parroquias de Cervantes

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervantes

Ambasvías (Santalla) | Castelo (San Pedro) | O Castro (Santa María) | Cereixedo (Santiago) | Donís (San Fiz) | Dorna (Santa María) | Lamas (San Xiao) | O Mosteiro (San Xoán) | Noceda (San Pedro) | O Pando (Santa María) | Quindous (San Xusto) | A Ribeira (San Martín) | San Pedro de Cervantes (San Pedro) | San Román de Cervantes (San Román) | San Tomé de Cancelada (San Tomé) | Vilapún (Santa Comba) | Vilaquinte (San Breixo) | Vilarello (Santa María) | Vilasante (Santiago) | Vilaspasantes (San Xoán) | Vilaver (San Xusto)